Inicio Noticias Xerais PRESENTACIÓNS FÚTBOL -8
 
 

PRESENTACIÓNS FÚTBOL -8

É A QUENDA DOS MÁIS PEQUENOS DO NUMANCIA

A vindeira semana comezarán os adestramentos para os máis pequerrechos, comezando as sesións preparatorias nas tres categorías de F- 8: prebenxamíns, benxamíns e alevíns. Estes son os horarios …
Ares, 26 de agosto de 2013
… para as distintas categorías:
ALEVÍNS (nados no 2002 e 2003): Luns, 2 de setembro ás cinco da tarde. Adestrarán os luns e mércores de 17.00 a 18.30 h.
BENXAMÍNS (nados no 2004 e 2005): Martes, 3 de setembro ás cinco da tarde. Adestrarán os martes e xoves de 17.00 a 18.30 h.
PREBENXAMÍNS (nados no 2006 e 2007): Martes, 3 de setembro ás cinco da tarde. Adestrarán os martes e xoves de 17.00 a 18.30 h.
Todos os nenos deberán presentarse nas instalacións de Prados Vellos co material deportivo adecuado para realizar a primeira sesión de adestramento.´
Nos vindeiros días iremos informando das novidades que se produciron nestas categorías en canto aos monitores que se responsabilizarán da formación destes cativos. Para adiantar algo, está confirmada a presenza de Alberto Durán coma educador dos nenos da categoría alevín.
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.