XXVI Trofeo Concello de Ares (xuvenís) DEPORTIVO, 3 - R. DE FERROL, 2.

Numancia de Ares ADR. (Xuvenís) Deportivo, 3 - R. de Ferrol, 2. Prados Vellos 25/08/13.OUTRO RITMO; OUTRO ROLLO.

Partido correspondente o XXVI Trofeo Concello de Ares disputado na tarde do domingo en Prados Vellos entre os equipos de categoría xuveníl do Deportivo de A Coruña da División de Honra e o Racing de Ferrol da Liga Nacional ante 350 espectadores.


Ares, 25 de agosto de 2013.

DEPORTIVO: Anxo, Dani, Gabriel, Hugo, Pablo, De Dios, Pancho, Diego, Álvaro, Samuel, Gabi. Tamén xogaron: Jorge, Javier, Fornos, Miguel, Quique, Ismael, Sánchez e Fandiño.

Adestrador: Jaime Sánchez.

Delegado: Javier Rodríguez.

RACING DE FERROL: Jesús Ángel, Alexis, Manu Mariña, Jorge, Dani, Yago de Diego, Alberto, Dani Espiñeira, Borja, Álvaro Rey, Edu. Tamén xogaron: Yago, Nacho Lamas, Breijo, Nacho, Caamaño, Alex Durán, Xaquín e Fran Soto

Adestrador: Manel Fernández.

Delegado: Fran Cainzos.

COLEXIADO: Antonio Belizón Flores. Amoestou o xogador do Racing de Ferrol, Fran Soto.

GOLES:

1 – 0: Álvaro remata dentro da área un centro recibido dende a banda dereita. (minuto 37).

2 – 0: Álvaro dispara dende moi lonxe un lanzamento manso para o porteiro racinguista, que erra e non é capaz de atallalo. (minuto 44).

3 – 0: Quique aproveita un centro dende a dereita aparecendo polo segundo pau para anotar o terceiro do Depor. (minuto 66).

3 – 1: Alex Durán de penalti. (minuto 72).

3 – 2: Alex Durán lanza unha falta de forma maxistral colando o balón pola escuadra da portería deportivista. (minuto 88).

 

 

Primeira metade do partido cun ritmo moi alto para ser pretemporada. Notábase que era un derbi provincial e que ambos equipos querían vencer. Co paso dos minutos o Depor fixose co dominio do xogo e comezou a chegar a portería racinguista con bastante facilidade; soamente as boas intervencións de Jesús Ángel salvaban os de Ferrol. O Racing sacudíase o dominio deportivista como boamente podía na primeira metade. Os goles chegaron nos minutos 37 e 44 ambos de Álvaro; sendo o resultado o descanso 2 – 0 a prol do Depor.

Na segunda metade ambos equipos fixeron moitos cambios e o ritmo do partido baixou considerablemente. No minuto 65 saía nas filas do Deportivo o xogador aresán Quique que se levaba unha gran ovación da grada para posteriormente e cando levaba un minuto no campo anotar o 3 - 0 para o Depor. Notouse que Quique coñece palmo a palmo o terreo de xogo de Prados Vellos.

Na última fase do encontro os herculinos baixaron a intensidade e mesmo perderon por momentos a concentración defensiva. Aproveitaron os racinguistas as circunstancias para maquillar o resultado por medio de Alex Durán grazas a un claro penalti, e a un lanzamento de falta maxistral. Co resultado de 3 - 2 favorable o Depor rematou o encontro.

En resumo, gran tarde de fútbol en Prados Vellos onde moitos espectadores desfrutaron dun fútbol de categoría. As xoias da canteira deportivista amosaron o seu bo facer no campo, a velocidade alta na circulación de balón, a precisión nos pases, o bo traballo colectivo e a gran caliade dos seus mellores xogadores, De Dios e o goleador Álvaro. Por parte racinguista moita voluntade e traballo e bos detalles de calidade de Yago de Diego e Alex Durán. Foi un orgullo tamén para o persoal e afeccionados do Numancia ver no céspede artificial de Prados Vellos coa camiseta de Racing e Depor a xogadores como Edu Iglesias, Borja Vilasánchez e Quique Fernández formados e criados na canteira do Numancia de Ares dende ben pequenos. Votouse en falta a Carlos López, pero o compromiso ligueiro do primeiro equipo do Racing impediron a sua presencia en Ares. Salientar tamén nas filas racingistas a Diego Espiñeira outro xogador aresan. Todos eles son exemplos de que con traballo e tamén con algo de sorte pódese chegar lonxe. Noraboa os cinco.

Finalizado o partido, o Concelleiro de Deportes de Ares, D. Jose Juán Vilar fixo entrega dos trofeos de subcampión e campión deste XXVI Trofeo Concello de Ares xuvenil os capitáns de ambos equipos. Dende o Numancia agradecemos tamén a visita de Racing e Depor agardando ter sido uns bos anfitrións. Ata a próxima.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Para ler a crónica do partido publicada en voltaaria PICA AQUI.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.