MEMORIAL "PEDRO GARCÍA VILAR"
13 E 14 DE SETEMBRO
O venres, 13 e o sábado 14 de setembro celebrarase a 5ª edición do torneo de fútbol-8 "Pedro García Vilar" nas categorías de prebenxamíns, benxamíns e alevíns.
Ares, 8 de agosto de 2013
Desde a comisión deportiva do Numancia xa se está a preparar unha nova edición deste Memorial "Pedro García Vilar". O formato será idéntico ao das edicións anteriores, constituíndo 2 grupos de catro equipos en cada categoría que disputarán unha primeira fase entre o venres pola tarde e o sábado pola mañá (os alevíns só o sábado). Na segunda fase enfrontaranse os equipos dos dous grupos, durante a tarde do sábado, emparellándose segundo a clasificación obtida na primeira fase.
Entre os equipos invitados intentarase traer a clubs pertencentes a outras delegacións provinciais.