FICHAS TEMPORADA 2013-14

RENOVACIÓN DE FICHAS NO NUMANCIA

Nestes vindeiros días imos proceder á renovación e tramitación das licenzas federativas para a temporada 2013-14. Para iso habilitamos o seguinte horario no que un directivo do club estará na oficina de Prados Vellos:
Desde o martes, 6 de agosto ata o mércores, 14 de agosto, de 20.00 a 21.30 h.
Ares, 5 de agosto de 2013
Non obstante, e para facilitar o traballo, asignamos uns días preferentes a cada categoría, conforme o seguinte calendario:
Categoría cadete (nados no 1998 e 1999): martes, 6 de agosto.
Categoría infantil (nados no 2000 e 2001): mércores, 7 de agosto.
Categoría alevín (nados no 2002 e 2003): xoves, 8 de agosto.
Categoría benxamín (nados no 2004 e 2005): venres, 9 de agosto.
Categoría prebenxamín (nados no 2006 e 2007) e biberóns (nados no 2008 e 2009): luns, 12 de agosto.
Aqueles que teñan que renovar (os xogadores que continúan na mesma categoría), só teñen que entregar a autorización paterna para poder xogar (este documento pódese recoller na secretaría do club ou baixalo da páxina do club: na pestana "O Club" - "Documentos").
Para aqueles xogadores que teñan que formalizar a ficha nova é necesario entregar a seguinte documentación:
- Dúas fotografías tamaño carné.
- Fotocopia do DNI do xogador (ou fotocopia da folla do libro de familia onde consta inscrito o xogador).
- A autorización paterna para poder xogar (este documento pódese recoller na secretaría do club ou baixalo da páxina do club: na pestana "O Club" - "Documentos")

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.