Inicio Noticias Xerais XVIII ASEMBLEA PEÑAS DEPORTIVISTAS
 
 

XVIII ASEMBLEA PEÑAS DEPORTIVISTAS

SÁBADO ÁS 19.000 H. : PARTIDO ENTRE OS VETERANOS DO DEPORTIVO E OS DO R. FERROL EN PRADOS VELLOS

Exposición de fotografías, partidos de fútbol-8 entre as peñas e o partidazo entre os veteranos do Deportivo e os do R. de Ferrol forman, entre outros actos, o programa destas xornadas organizadas pola peña deportivista de Ares.
Venres, 19 de xullo de 2013
Dende este venres ata o domingo, as cores branquiazuis do deportivismo colorearán as rúas e o parque da vila aresán, que vivirá unhas xornadas con actos de diversa índole, todos relacionados co club herculino.
A programación completa destas xornadas é a seguinte:
Venres, 19
20:00h. Inauguración da exposición de fotografías do R.C. Deportivo da Coruña. (Alianza Aresá). Poderá visitarse o sábado e o domingo en horario de 11.00 a 13.00 h. 
20:30h. Saída desde as Alianzas da caravana anunciadora da Asemblea que fará un percorrido polas rúas de Ares. 
21:30h. Remate no Hotel Villa de Ares (sé da Peña Aresá). Degustación de Pincho e Copa de Viño.
 
Sábado, 20  
10:30h. Futbol-8. Participación de distintas Peñas do Depor. (Campo de fútbol de Prados Vellos).
14:00h. Actuación da Banda de Gaitas.
15:00h. Comida de confraternidade.
17:30h. Entrega de Recordos.

19:00h. Fútbol Veteranos: Deportivo – Selección Ferrolterra. (Campo de fútbol de Prados Vellos)  
A selección de Ferrol estará formada por xogadores dos tres equipos de veteranos que participan na División de Honor. Así, podemos citar entre outros aos seguintes convocados:
Do Galicia de Mugardos: Pubul, Brage, Jorge, Pedrito, Pirri, Arturo, Marcos, César, Óscar, Diego Santalla, Josiño e Manel.
Do R. Ferrol: Miguel Cobas, Fran Cardete, Alfonso, Alberto e Rafa.
Do Lago: Palacios e Juancar.

21:00h. Actuación Banda de Gaitas.
21:30h. Degustación: Mexilonada e Empanada.
22:30h. Actuación da Rondalla Trovadores. 
23:30h. Actuación Musical DJS.
 
Domingo, 21
11:00h. Recepción e sinatura no Concello de ARES, de todas as Peñas.
12:00h. Benvida da Banda de Gaitas aos Asembleístas na Alianza Aresá e acreditación de Peñas.
12:30h. Asemblea da Federación de Peñas, na Alianza Aresá.
14:00h. Actuación da Banda de Gaitas.
15:00h. Comida de confraternidade.
19:00h. Entrega de Recordos e Clausura dos Actos.
 

 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.