Inicio Noticias Xerais I CAMPUS DE PORTEIRO DIEGO RIVAS
 
 

I CAMPUS DE PORTEIRO DIEGO RIVAS

HOMENAXE ÓS PORTEIROS EN ARES

Celebrouse os pasados días 26, 27 e 28 de xuño o I Campus de Porteiros Diego Rivas – Concello de Ares. Este campus tivo como alma máter o porteiro do flamante equipo de Primeira División, o naronés Diego Rivas. Coa colaboración do Concello de Ares, a inestimable axuda loxística e de persoal do Numancia de Ares e co patrocionio de Coca Cola, Blindaxe, FGF – Ferrol, Envolter, ZonaSalud e de Soloporteros este Campus nacía con un éxito rotundo.

Nas mañás do mércores e xóves e o venres durante todo o día 49 porteiros da provincia de A Coruña foron adestrados por Diego Rivas (Elche CF), Momán (Coordinador porteiros CD As Pontes), Paco (UD Somozas), Santi Expósito (adestrador de porteiros CD As Pontes), David Muiño (San Mateo CF) e Adrián Gómez (Cultural Maniños). Duante as sesións de adestramentos os gardarredes tiveron ocasión de participar en multitude de exercicios para mellorar todas ás facetas dos defensores da portería. Para iso contaron con moito material (balóns, caixas de madeira, lonas resbaladizas, pelotas de tenis, vallas…) e das boas ensinanzas dos seus pacientes adestradores. Pequenos e grandes descubriron novos exercicios para porteiros e algúns deles  viviron a sua primeira sesión específica de adestramento para gardarredes.

A xornada do venres foi moi especial. Antes de rematar a sesión da mañá, visitaban Prados Vellos os xogadores do Celta de Vigo, Alex López e o gardarredes Sergio Álvarez. Ambos xogadores tiveron unha charla – coloquio cos gardarredes do campus; na que insistiron na necesidade de priorizar os estudios por diante do deporte e no esforzo diario para poder compaxinar e mellorar nas dúas facetas. Tamén resaltaron a necesidade de saber perder e aceptar os reveses do deporte tendo sempre a deportividade por bandeira.

Continuou a última xornada do Campus cunha boa comida para repoñer forzas na Pizzería O Bodegón, para posteriormente facer uns xogos na Praia de Ares.

As últimas horas do Campus estiveron adicadas a unha maxistral charla na Alianza Aresana onde o Teniente – Alcalde de Ares “Geno” agradecía as familias dos pequenos a sua visita e ofrecía a localidade de Ares para posteriores Campus de Porteiros. Posteriormente sería o organizador do Campus, o propio Diego Rivas o que faría un repaso de todos os aspectos traballados no Campus de Porteiros (técnica, táctica, velocidade de reacción, blocaxes, agarres, colocación, orientación, xogo cos pés e cabeza, xogo en equipo….) destacando tamén a oportunidade que tiverón os 49 de divertirse e de facer novos amigos nestes tres días de convivencia en Ares. Pecharía a conferencia Momán (adestrador de porteiros do CD As Pontes) cunha clase maxistral sobre os fundamentos técnicos do porteiro dirixida os adestradores e país alí presentes; aínda que mais dun neno deixou constancia do seu aprendizaxe no mundo dos porteiros durante o Campus.

A guinda final chegou en Prados Vellos. O propio Momán coa colaboración de Santi Expósito dirixiu unha sesión de adestramento aberta o público que contou cuns alumnos moi aventaxados. Diego Rivas, Paco, Adrían Gómez e David Muíño sufrían nas suas propias carnes a dureza, esixencia e intensidade dunha sesión maxistral de adestramentos de porteiros dirixida por Momán. Moitas sonrisas e moitos aplausos tivo esta sesión cun público entregado e abraiado polo apasioante mundo dos gardamallas.

Para clausurar o curso, tivo lugar a entrega de Diplomas ós 49 alumnos do curso. Tamén se sortearon diversos agasallos donados polos patrocionadores, caneleiras personalizadas por Blindaxe, guantes de porteiro… para felicidade dos nenos agraciados no sorteo.

En resumo, gran iniciativa de Diego Rivas con este I Campus de Porteiros. Dende o Numancia de Ares agradecemos a confianza por contar coas nosas instalacións esperando ter cumprido con éxito co noso papel de anfitrións. Felicitamos a Diego Rivas e o seu equipo por esta iniciativa que foi creada por e para os porteiros; os mais sufridores e sacrificados do equipo e os grandes agraciados e protagonistas durante estos tres días de Campus en Ares. ¡¡¡Noraboa campións¡¡¡

 

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.