Inicio Noticias Xerais PLENIÑO DELEGACIÓN FERROLÁ
 
 

PLENIÑO DELEGACIÓN FERROLÁ

 19 EQUIPOS EN PRIMEIRA AUTÓNOMICA XUVENIL

Ánimas, Maniños, San Sadurniño e Amistade Meirás inscriben os seus equipos en xuvenís, e en infantís se rexistran o R. Ferrol B, Barallobre, Ensanche e Cariño.

 
Ares, 29 de xuño de 2013
 
Juan Vázquez (vicepresidente 2º), Diego Batalla (secretario xeral), Benjamín Amido (vicesecretario), xunto con Manolo Mesa (delegado ferrolán), Juan Varela e Enrique Soto, presidiron o pleniño anual celebrado onte no Carvalho Calero, e  ao que asistiron representantes dos clubs ferroláns.
 
Benjamín Amido presentou en primeiro lugar o plan de competición da temporada 2013-14, que, no que respecta aos equipos do Numancia, quedaría da seguinte maneira:
 
SEGUNDA AUTONÓMICA. GRUPO 4º
16 equipos: Cedeira e Mandiá (descendidos), Galicia Caranza, Narahío, Ánimas, As Pontes B, A Capela, Neda, Numancia, Cariño, G. Mugardos B, Ortigueira, San Mateo, Rosalía (ascendido), Cebarca (ascendido) e San Sadurniño ou Bertón (xogando a promoción).
Ascende o campión; promociona o segundo; descende o último clasificado; a promoción de descenso terá que acordarse nunha reunión posterior.
A competición de liga, en principio, comezará o 29 de setembro, rematando o 11 de maio. Queda aberta a posibilidade de adiantar o comezo de liga ao 22 de setembro, o que implicaría descansar algunha xornada como podería ser o domingo de Entroido.
 
PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. GRUPO 5º
19 equipos: Eume (descendido), Aspirantes, G. Mugardos, G. Caranza B, Narón, Perlío, Meirás, Cedeira, Neda, Portuarios, R. San Pedro, Numancia, Cariño, Miño, Ensanche, Ánimas (novo), Maniños (novo), San Sadurniño (novo) e Amistade Meirás (novo).
De manterse estes 19 equipos habería que desdobralos en dous grupos. Comezaríase o 29 de setembro ou o 6 de outubro.
Se houber algunha renuncia antes do Pleno da Federación Galega de Fútbol, que será a finais de xullo, ou se mesmo nas semanas seguintes a ese pleno se retirase algún club, poderíase formar un único grupo de liga, comezando a primeira fase o 15 de setembro.
Xogarán a fase de ascenso os dous primeiros clasificados.
 
PRIMEIRA AUTONÓMICA CADETE. GRUPO 4º e 5º
22 equipos: R. Ferrol B, G. Mugardos, As Pontes, Ánimas, Maniños, Narón, Eume, Perlío, Meirás, Cedeira, Neda, Portuarios B, O Val, Cebarca, R. San Pedro, Numancia, Miño, San Sadurniño, Ortigueira, G. Caranza B, Amistade Meirás e Ensanche.
A primeira fase, dous grupos a unha volta, comezará o 22 de setembro.
Os primeiros clasificados de cada grupo pasarán a integrar o grupo 4º, do cal saíran os dous equipos que disputarán a fase de ascenso. 
Os últimos clasificados formarán un grupo que disputará o Torneo da delegación ferrolá.
 
PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL. GRUPO 4º e 5º
27 equipos: G. Mugardos, As Pontes, G. Caranza B, Ánimas, Maniños, Narón, Narón B, Eume, Perlío, Meirás, Cedeira, Neda, Portuarios, Portuarios B, O Val, R. San Pedro, Numancia, Miño, San Sadurniño, Ortigueira, E.F. G. Caranza, E.F. R. Ferrol, Amistade Meirás, R. Ferrol B (novo), Barallobre (novo), Ensanche (novo) e Cariño (novo).
A primeira fase, dous grupos a unha volta, comezará o 15 de setembro. A segunda xornada será o mércores 18 de setembro.
Os primeiros clasificados de cada grupo pasarán a integrar o grupo 4º, do cal saíran os dous equipos que disputarán a fase de ascenso. 
Os últimos clasificados formarán dous grupos que disputarán, en dúas fases, o Torneo da delegación ferrolá. En reunións posteriores matizarase esta segunda fase.

Rematado este primeiro asunto, Juan Vázquez e Diego Batalla informaron dos seguintes asuntos:
- As fases de ascenso de xuvenís, cadetes e infantís darán preferencia aos campións de grupo, que disputarán directamente entre si dúas prazas de ascenso.
- A cota das mutualidades incrementouse de acordo coa suba do IPC: tres euros en afeccionados e dous en xuvenís.
- Haberá actas arbitrais on line en todas as categorías e tamén unha acta abreviada que terá valor xurídico no caso de presentar reclamacións. Así mesmo, solicitarase aos clubs que entreguen xunto coas fichas, unha listaxe indicando os nomes e dorsais dos xogadores, co fin de facilitar o labor arbitral. Por último, anúnciase que as actas serán públicas e calquera poderá consultalas a través da web da Federación Galega. 
- Lémbrase que a Lei do deporte obriga a todos os clubs a dispór dunha RC (responsabilidade civil). Neste sentido, a Federación Galega ofrecerá a posibilidade de contratar unha póliza conxunta.
- É inminente a publicación do Regulamento Xeral galego, previa aprobación no Pleno.
- Antes de tramitar as fichas dos xogadores, debe realizarse a afiliación ao Fénix.
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.