II PREMIOS VOLTAARIA

 MARCOS AMOR, MELLOR ADESTRADOR XUVENIL E ALEJANDRO PITA, MELLOR XOGADOR XUVENIL.

Xunto co equipo prebenxamín, campión do segundo grupo, os nominados do Numancia saíron triunfadores do auditorio naronés.
 
Ares, 8 de xuño de 2013
 
Sabiamos do éxito xa materializado polos nosos prebenxamíns conseguindo de maneira brillantísima o primeiro posto do seu grupo e tamén confiaabamos en Marcos e Álex, pois os dous eran merecentes dos galardóns que finalmente obtiveron. É o recoñecemento a unha grandísima temporada de todo o equipo xuvenil do Numancia, comezando polos xogadores, polo seu compromiso e tamén, hai que dicilo, pola súa calidade. Pero tamén hai que felicitar ao cadro técnico, liderado por Marcos e apoiado en dous enormes colaboradores como Toni Bardanca e Cartelle. Cada un desde ca súa función contribuíron nesta tarefa que rematou con estes dous grandes premios que teñen máis importancia se pensamos en que foron os propios xogadores e adestradores ferroláns os que recoñeceron a valía do seu traballo. Parabéns aos dous galardoados, a Marcos e a Álex, e, por extensión, a todo o equipo xuvenil do Numancia.
 

 
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.