Inicio Noticias Xerais CLAUSURA DO FÚTBOL - 8
 
 

CLAUSURA DO FÚTBOL - 8

Blindaxe Sport. BLINDAXE REGALA UNHAS CANELEIRAS DE FIBRA DE CARBONO

Simón Cabarcos, promotor da empresa de equipamento deportivo Blindaxe Sport, súmase á festa de Sta. Catalina e regala unas preciosas caneleiras.

 
Ares, 7 de xuño de 2013
 
Unhas caneleiras portando o escudo do Numancia sobre un fondo panorámico da nosa vila, constitúen un dos premios que sortearemos esta tarde entre os nenos do Numancia, na festa de clausura que celebraremos no mosteiro de Sta. Catalina. Agora comprendemos o éxito deste xove emprendedor pontés, Simón Cabarcos, premiado non hai moitos días en As Pontes como o mellor emprendedor. A súa ilusión, entusiasmo, entrega e dedicación permítennos dispór a última hora con estas excelentes caneleiras fabricadas en fibra de carbono. Desde esta web, a ADR Numancia agradece enormemente a colaboración de Simón e deséxalle os mellores éxitos empresariais. En www.blindaxe.com seguramente que atoparemos esas caneleiras personalizadas que protexerán a tibia e o peroné dos nosos fillos.
 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.