CLAUSURA F-8
O RACING DE FERROL REGALA UNHA CAMISETA DO PRIMEIRO EQUIPO
Carlos López e Edu Iglesias, xogadores xuvenís do R. Ferrol entregarán o vindeiro sábado en Sta. Catalina unha camiseta do R. Ferrol .
Ares, 5 de xuño de 2013
A través de Juancar, o coordinador deportivo do R. Ferrol, podemos confirmar un agasallo máis que se sorteará o sábado na festa de Sta. Catalina. Agradecemos tamén a colaboración do primeiro equipo ferrolán, ao que felicitamos polo seu ascenso á 2ª B, tras unha temporada excepcional e brillantísima.
Edu Iglesias e Carlos López, dúas grandes promesas da nosa canteira , serán os encargados de entregar este premio.