Inicio Noticias Xerais CLAUSURA DO FÚTBOL - 8
 
 

CLAUSURA DO FÚTBOL - 8

 

SORTEO DUNHA PRAZA PARA O CAMPUS DO CELTA

A Fundación Celta de Vigo confirmou a súa colaboración coa festa de clausura do F-8 do Numancia, ofrecendo unha praza gratis para participar no Campus de Verán que organiza en Ares do 8 ao 13 de xullo. 

Ares, 3 de xuño de 2013

Esta mesma tarde chegounos a confirmación a través de Hugo Rama, coordenador dos campus da Fundación Celta de Vigo na zona norte. Así pois, este sábado, 8 de xuño, o Numancia sorteará entre os nenos e nenas do club que participen na festa de clausura unha praza para o campus de verán da Fundación Celta de Vigo. Desde o club manifestamos o noso agradecemento  ao Celta, e aproveitamos para felicitalo pola súa permanencia na primeira división do fútbol español.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.