Inicio Noticias Xerais CLAUSURA DO FÚTBOL - 8
 
 

CLAUSURA DO FÚTBOL - 8

 ROMARÍA EN SANTA CATALINA

Xornada tradicional de convivencia e festa popular nas instalación de Santa Catalina que pechará as actividades deportivas para esta temporada no fútbol-8. Este evento terá lugar o sábado, 8 de xuño finalizando o prazo de inscrición o martes, 4 de xuño.
Ares, 1 de xuño de 2013
Un ano máis, o Numancia organiza a clausura das escolas municipais.Este ano será o vindeiro sábado, 8 de xuño, no marco incomparable do mosteiro de Santa Catalina.
Para esta ocasión, o menú consistirá en tortilla, empanada, pizza e churrasco máis a bola de crema. De bebidas, refrescos e viño. Todo polo prezo de 25 € por familia.
Entre os asistentes podemos confirmar a presenza de Edu, Carlos e Quique, xuvenís de Ares que militan en equipos de categoría nacional coma o R. Ferrol ou o R.C.D. da Coruña. Os tres terán a ocasión de charlar cos nosos nenos, de contarlles a súa experiencia coma xogadores de equipos de categorías superiores e de responder ás súas preguntas.
Entre os agasallos que recibirán os nenos esperamos poder ofrecer obsequios ofrecidos polo R.C.D. da Coruña, o Celta e o R. Ferrol. Ao longo desta semana iremos dando conta dos mesmos.
Así mesmo, continuamos realizando xestións con outras entidades co obxectivo de que todos os nenos regresen de Stª Catalina cun detalle. Nesta liña, xa podemos informar que a firma Blindaxe Sport regalará unhas caneleiras personalizadas.
Como complemento teremos á nosa disposición na xornada da tarde, aos arqueiros do club de Tiro con Arco Ares Arco, de xeito que os nenos que o desexen poidan iniciarse nesta actividade.
O prazo para apuntarse a este xantar remata o martes, 4 de xuño.
 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.