CONCURSO DEBUXA O CARTEL

S.D.R. Numancia de Ares. Concurso de Dibuja el Cartel.


A Concellaría de Deportes do Concello de Ares e o Numancia de Ares SDR, convocan o concurso que vai anunciar a terceira edición do Torneo de Fútbol-7 e o I Memorial Pedro García Vilar.
  • III TORNEO DE FÚTBOL-7

    Concello de Ares-Numancia SDR”

    I Memorial Pedro García Vilar.

     

    CONCURSO DEBUXA O CARTEL

    A Concellaría de Deportes do Concello de Ares e o Numancia de Ares SDR, convocan o concurso que vai anunciar a terceira edición do Torneo de Fútbol-7 e o I Memorial Pedro García Vilar.

  • Buscamos un debuxo que anuncie dito Torneo dunha forma divertida, simpática e ao mesmo tempo que garde relación co fútbol.

  • Poderá participar calquera neno ou nena, empadroado/a en Ares e/ou xogador da SDR Numancia, pertencente ao nivel de Primaria.

  • Todas as propostas presentaranse en folio tamaño A4 nun sobre. No interior do mesmo incluirase un folio cos seguintes datos: nome do autor/a, data de nacemento, curso e colexio no que estuda, enderezo e teléfono de contacto.

  • Prazo e lugar de presentación: Dende o día 27 de abril ata as 20 h. do día 14 de maio, na Alianza Aresá sito en Rúa María, 11, 15624, Ares. (As obras presentadas fóra de prazo quedarán automáticamente excluídas do concurso).

  • Premios:Un vale por valor de 60 € a trocar en calquera establecemento de Ares en material deportivo.

  • Membros do xurado e fallo dos concursos: O xurado estará composto polo Alcalde do Concello ou Concelleiro/a no que delegue, o Director Deportivo Municipal, dous membros da Directiva do Numancia SDR e un profesor do Colexio Conde de Fenosa.

  • O gañador do concurso darase a coñecer publicamente o sábado16 de maio coa entrega do vale nun acto a desenvolver ás 13 h. na Alianza Aresá.

  • O Concello resérvase a posibilidade de publicar o premio do concurso no momento que o considere oportuno, quedando o exemplar en propiedade deste. Neste senso, o autor renuncia a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor.

  • A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases.

  • Cos debuxos presentados organizarase unha exposición .

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.