I TORNEO DE FÚTBOL - 8 CONCELLO DE MUGARDOS.
Durante os próximos días 28, 29 e 30 de marzo celebrarase nas instalacións de A Pedreira (Mugardos) o I Torneo de Fútbol – 8, organizado polo Concello de Mugardos e a S.D.C. Galicia de Mugardos, segundo o seguinte calendario:
Xoves 28 de marzo, categoría prebenxamín.
Venres 29 de marzo categoría benxamín.
Sábado 30 de marzo, categoría alevín.
Para ver as normas, calendarios e horarios do Torneo nas diferentes categorías PICA AQUÍ.
Así mesmo tamén nos informan dende o Galicia de Mugardos que, se as condicións climatolóxicas o permiten, a idea do Club é ofrecer tanto aos nenos coma ás familias a posibilidade de poder comer (empanada, churrasco, paella) no campo de fútbol a uns prezos asequibles.