VIDAL, UN LONDINENSE NUMANTINO

Santos Inocentes

CONVENIO CO CHELSEA

José Ramón Vidal Permuy, aresán e numantino de pro estivo nestas festas de Nadal por Prados Vellos e, como socio e seguidor do Chelsea, presentounos unha interesante proposta.
Ares, 28 de decembro de 2012
Vidal é un namorado do fútbol, seguidor e sufridor do Chelsea desde hai uns corenta anos e tamén numantino acérrimo, de xeito que desde Londres segue puntualmente a información da nosa web. Por iso, cando a semana pasada entrou na cantina de Prados Vellos e contemplou as fotos daquel Numancia dos anos setenta, sentiu unha gran emoción. E conversando cos seus vellos amigos e a actual directiva, xurdiu a posibilidade de establecer unha relación entre o Numancia e o Chelsea, ofrecéndose Vidal a exercer de mediador. De momento, xa nos confirmou que Neil Bath, director da Academia de fútbol do Chelsea, recibirá a unha delegación do Numancia nas instalacións de Stamford Bridge o 19 de xaneiro, coincidindo co partido que disputará o Chelsea co Arsenal, partido ao que tiveron a amabilidade de invitarnos. Nesa reunión abordaranse os termos do posible convenio que abranguerá o compromiso do Numancia de enviar informes daqueles xogadores de Ferrolterra que veñan destacando e teñan unha idade entre 10 e 15 anos. O equipo inglés invitará todos os veráns entre 5 e 10 cativos da nosa comarca que participarán durante un mes nas sesións da súa escola de fútbol. Coma contrapartida, o Chelsea recompensaría ao Numancia cunha cantidade económica aínda por negociar.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.