FÚTBOL - 8. IV MEMORIAL "PEDRO GARCÍA VILAR". XORNADA FINAL

PERLÍO (PREBENXAMÍNS E BENXAMÍNS) E O VAL (ALEVÍNS), CAMPIÓNS DO TORNEO.
Uns 360 nenos e nenas pertencentes a 24 equipos participaron nesta nova edición do torneo dedicado á memoria de Pedro García Vilar, bastión do Numancia durante moitos anos.

Ares, 16 de setembro de 2012
Comezabamos o venres ás 15.30 h. abrindo as portas de Prados Vellos para permitir a entrada dos primeiros participantes e pechamos onte, sábado, ás 22.00 h. Unha verdadeira maratón para os compoñentes da Xunta Directiva que estiveron ao pé do canón, atendendo aos 24 equipos que acudiron este ano, cos seus xogadores, adestradores, familiares, … Moitas horas de traballo pero que se viron plenamente recompensadas observando o excelente ambiente que se viviu durante estas dúas xornadas nas instalacións de Prados Vellos, principalmente entre os nenos e nenas, verdadeiros protagonistas do torneo. Estamos convencidos de que Pedro tamén se alegraría ao ver as expresións de ledicia destes pequerrechos que xa teñen nas súas casas un trofeo, porque seguimos convencidos de que a estas idades todos teñen que ter o mesmo obsequio, de que o importante é a participación. Con esta filosofía, organizamos un torneo no que todos os equipos xogan os mesmos minutos e reciben os mesmos agasallos.

Por último, a ADR Numancia quere expresar a súa gratitude a todos os que colaboraron no desenvolvemento do torneo, salientando en primeiro lugar a contribución do concello de Ares, representado polo concelleiro de deportes, D. José Juan Vilar, quen estivo presente toda a tarde do sábado, participando na entrega dos agasallos. Tamén agradecemos aos compañeiros de Protección Civil a súa entrega e excelente disposición para organizar e controlar o estacionamento dos automóbiles na finca cedida xenerosamente pola familia propietaria. Agradecer tamén a foto-video "VILLALONGA" de Sanxenxo a cesión das fotografías dos equipos participantes no torneo. E, por suposto, dá as grazas a todos os equipos que acudiron ao torneo, desprazándose nalgúns casos desde unhas distancias importantes.

PICA AQUI para ver os resultados e clasificacións


 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.