Inicio Noticias Xerais SORTEOS: INFANTÍS, CADETES E XUVENÍS.
 
 

SORTEOS: INFANTÍS, CADETES E XUVENÍS.

RESULTADO DOS SORTEOS PARA A COPA
As competicións comezarán coa disputa da Copa, o 23 de setembro e finalizarán o 12 de maio coa última xornada de liga.


Ares, 3 de agosto de 2012
Na categoría infantil dividíronse os 24 equipos en dous grupos de 12, que xogarán unha liga a unha volta. Os campións de cada grupo disputarán a final de Copa, probablemente o 6 de decembro. Ademais,  os seis primeiros clasificados de cada grupo pasarán a formar o grupo 4º de Liga, do que sairán os dous primeiros clasificados que disputarán a fase de ascenso, mentres que os seis últimos clasificados de cada grupo integrarán o grupo 5º. O resultado do sorteo para os dous grupos foi este:
Grupo A: Perlío, Ánimas, Numancia, Ortigueira, Portuarios, EFR Ferrol, R. San Pedro, Miño, Narón B, O Val, Amistade e Galicia Caranza B.
Grupo B: As Pontes, R. Ferrol, Neda, EF Caranza, Narón, Maniños, Meirás, G. Mugardos, Eume, San Sadurniño, Portuarios B e Cedeira.


A continuación realizouse o sorteo dos 23 equipos de cadetes, que terán o mesmo sistema de competición cós infantís. Así quedaron os grupos:
Grupo A: Meirás, Eume, As Pontes, G. Mugardos, O Val, Miño, Cedeira, Ánimas, R. San Pedro, San Sadurniño, Amistade e Portuarios B.
Grupo B: Narón, EF Caranza, Numancia, R. Ferrol B, Perlío, Ortigueira, Cebarca, Maniños, G. Caranza, R. San Pedro B e Neda.


E, por último, efectuouse o sorteo dos 14 equipos xuvenís en dous grupos para disputar a Copa:
Grupo A: Neda, Narón, Cariño, Perlío, Aspirantes, Portuarios e Caranza B.
Grupo B: Ensanche, Meirás, Cedeira, Numancia, Miño, R. San Pedro e G. Mugardos.
Ao finalizar a Copa disputarán a liga nun único grupo.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.