Inicio Noticias Xerais I PREMIOS ESTUDO E DEPORTE
 
 

I PREMIOS ESTUDO E DEPORTE

ADR Numancia de Ares. Premios Estudo e DeporteO vindeiro xoves 21 de xuño, ás 18:00 horas, terá lugar no salón de actos do IES de Mugardos a entrega dos “I PREMIOS ESTUDO E DEPORTE”.

 

 

É unha iniciativa do lES de Mugardos en colaboración co Concello de Mugardos, o Club do Mar de Mugardos e o Club de Fútbol Galicia de Mugardos, para premiar aos estudantes do centro que mellor se desenvolven nos aspectos social, deportivo e académico e así poñer en valor aos xoves con habilidades sociais capaces de organizarse e de programar o seu tempo con eficacia para render positivamente nos estudos e no deporte.

Serán avaliados para optar os premios todo o alumnado do lES de Mugardos que practica deportes ou actividades deportivas regulamentadas e federadas, individuais ou colectivas, coa supervisión dun adestrador ou adestradora. A ADR Numancia de Ares e unha das entidades deportivas colaboradoras na avaliación dos deportistas.

Para ver toda a información relacionada cos Premios PICA AQUÍ.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.