Inicio Noticias Xerais FÚTBOL 7. CLAUSURA
 
 

FÚTBOL 7. CLAUSURA

"MUCHACALIDAD.COM" E "SOLUCIONES BORDADAS" TAMÉN COLABORAN NA FESTA DE CLAUSURA DE SANTA CATALINA.
A dous días da xornada de clausura xa  imos tendo datos concretos de maneira que podemos afirmar que asistirán uns 65 nenos acompañados duns 100 adultos. E en canto aos agasallos, ...

Ares, 31 de maio de 2012

 

...vanse pechando as colaboracións e á camiseta regalada polo xogador do R.C.Deportivo, Juan Domínguez, temos que engadir que o concello de Ares vai obsequiar a todos os nenos cun chaveiro.
Por outra banda, desde a web WWW.MUCHACALIDAD.COM, a magnífica web que se ocupa do fútbol base ferrolán, ofrécennos tres camisetas e un balón específico para o adestramento dos porteiros,
Por último, por parte da empresa de impresión e artes gráficas SOLUCIONES BORDADAS SL (rúa Nova de Caranza, nº 153. Ferrol. Tlf. 981 07 00 30) envíanos 25 vales para personificar as botas de fútbol con nomes e debuxos, así coma outros 25 vales para personificar as caneleiras (“espinilleras”).

Todos estes obsequios serán sorteados entre os nenos pertencentes ao Numancia que participen no xantar de clausura da temporada 2011-12 que se celebrará este sábado, 2 de xuño, nas instalacións do mosteiro de Santa Catalina.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.