IX TORNEO FUTBOL “R. C. DEPORTIVO DE A CORUÑA” ALEVÍN–7 E BENXAMIN–7.

ADR Numancia de Ares. Torneo Fútbol Deportivo de A Coruña 2012. Abegondo.O vindeiro xoves, 17 de maio do 2012, celebrarase nos campos de fútbol de Abegondo, o IX Torneo fútbol “Real Club Deportivo da Coruña” Alevín - 7 e Benxamín - 7.

 

A ADR Numancia de Ares participa nesta competición nas categorías de alevín e benxamin. A competición dará comezo ás 10:00 da mañá e ás 20:15 da tarde celebraranse a finais.

Participan 96 equipos alevíns e 96 benxamíns pertencentes a 64 clubs de toda a xeografía galega, repartidos en 32 grupos por categoría.


Habilitaranse 20 terreos de xogo que serán numerados do 1 ao 20, neles disputaranse partidos tanto de alevíns como de benxamíns, salvo nos campos 17, 18, 19 e 20 que só se disputarán de benxamíns.

O equipo ALEVIN do Numancia está encadrado no Grupo 28, xunto co Celtiga "B" e o Dumbria. E o equipo BENXAMIN no Grupo 31, xunto co Montañeros “B” e o ESC Arzúa.

A fase clasificatoria desenvolverase polo sistema de liga a unha volta, pasando a fase final en alevíns e benxamíns os campións de cada un dos 32 grupos. A fase final desenvolverase polo sistema de eliminación directa a un só partido

O calendario da fase clasificatoria do equipo ALEVIN é o seguinte:

Campo        Encontro                            Hora
    12       Numancia - Dumbria                 10:25
    12       Celtiga "B" - Numancia              11:40

 

O calendario da fase clasificatoria do equipo BENXAMIN é o seguinte:

Campo        Encontro                            Hora
    19        Numancia - Montañeros "B"     11:15
    13        Numancia - ESC Arzúa            13:45

Para ver toda a información relacionada co Torneo
PICA AQUÍ.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.