Selección Galega Sub-18

DECISIVA ACTUACIÓN DE PERMUY

Domingo, 22 de marzo de 2009


Selección Galega Sub-18. Alejandro Permuy. Alberto Permuy. S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009Xogábase Galicia o pase á fase final do campionato de seleccións territoriais, categoría sub-18, contra o equipo de Navarra e o partido discurría por uns parámetros de igualdade ata que o balón chegou a Permuy. Na primeira ocasión, o seu remate estivo moi preto das redes. Á segunda, non perdoou e culminou unha boa xogada da selección galega, rematando dentro da área un centro desde a dereita que supuxo o 1 – 0. Navarra conseguiu a igualada cun precioso e axustado disparo desde fóra da área, complicando a clasificación para os galegos. Neses momentos, ante a incertidume do resultado, unha excelente xogada individual de Permuy internándose na área e superando por velocidade á defensa contraria, finalizou cun derribo clarísimo que o árbitro sancionou con penalti. Con este resultado de 2-1 chegouse ao descanso.

Na segunda parte, antes de retirarse por problemas físicos, Permuy tivo tempo de regalarlle o terceiro gol a un compañeiro, a través dun pase atrás ao primeiro toque que facilitou o remate a pracer para obter o gol da tranquilidade, sentenciando o partido e conseguindo a clasificación.

Excelente actuación do aresán Alejandro Permuy, movéndose con intelixencia por todo o ataque e aproveitando ao máximo os balóns que lle chegaron. Agora, a esperar esa fase final á que só chegan as catro mellores seleccións, Galicia entre elas.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.