REUNIONS INFORMATIVAS PROGRAMA "FENIX".

Numancia de Ares ADR. Reunións informativas Programa A pasada semana non se puideron levar a cabo as reunións informativas sobre o programa FENIX nas categorías de infantís e xuvenís, polo que estas reunións retomarémolas a vindeira semana.


Ares 4 de abril de 2012.

Por iso, convocamos aos pais / nais / ou titores legais dos xogadores das devanditas categorías, a unha reunión informativa no campo de fútbol de Prados Vellos, nas datas e horas que se citan.

Nesta reunión explicaráselles que é o Programa "FENIX", e sobre todo e o máis importante, como AFILIARSE AO SISTEMA, requisito fundamental para todos e cada un dos membros que conforman o Numancia de Ares.

As reunións informativas terán lugar nas seguintes datas e horas:

INFANTIS: martes 10 de abril, ás 19:00 h.

XUVENIS: mércores 11 de abril, ás 20:00 h.

A estas reunións informativas invítase tamén aos país / nais / ou titores legais do resto de xogadores que conforman os distintos equipos do club e que por calquera motivo non puideron acudir ás anteriores reunións.


Para descargar a Guía Práctica para a solicitude de Credenciais de Afiliación PICA AQUI.
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.