REUNIONS INFORMATIVAS PROGRAMA "FENIX".
A pasada semana non se puideron levar a cabo as reunións informativas sobre o programa FENIX nas categorías de infantís e xuvenís, polo que estas reunións retomarémolas a vindeira semana.
Ares 4 de abril de 2012.
Por iso, convocamos aos pais / nais / ou titores legais dos xogadores das devanditas categorías, a unha reunión informativa no campo de fútbol de Prados Vellos, nas datas e horas que se citan.
Nesta reunión explicaráselles que é o Programa "FENIX", e sobre todo e o máis importante, como AFILIARSE AO SISTEMA, requisito fundamental para todos e cada un dos membros que conforman o Numancia de Ares.
As reunións informativas terán lugar nas seguintes datas e horas:
INFANTIS: martes 10 de abril, ás 19:00 h.
XUVENIS: mércores 11 de abril, ás 20:00 h.
A estas reunións informativas invítase tamén aos país / nais / ou titores legais do resto de xogadores que conforman os distintos equipos do club e que por calquera motivo non puideron acudir ás anteriores reunións.
Para descargar a Guía Práctica para a solicitude de Credenciais de Afiliación PICA AQUI.