Inicio Noticias Xerais REUNIONS INFORMATIVAS PROGRAMA "FENIX".
 
 

REUNIONS INFORMATIVAS PROGRAMA "FENIX".

Numancia de Ares ADR. Reunións informativas Programa A partir do 1 de xullo de 2012 implantarase na Federación Galega de Fútbol un programa de xestión integral do fútbol federado on-line, denominado "FÉNIX", achegado e realizado pola Real Federación Española de Fútbol.


Ares 24 de marzo de 2012.

A Real Federación Española de Fútbol pon a disposición da Familia do Fútbol esta plataforma tecnolóxica que lle permitirá realizar todas as operacións administrativas necesarias para a práctica deste deporte.

O primeiro paso consiste en AFILIARSE AO SISTEMA co fin de dispoñer dos datos identificativos persoais e comparalos cos que existen na base de datos da Federación.

Paulatinamente iranse poñendo a disposición dos federados e clubs o resto de ferramentas que lle permitirán realizar a maior parte dos trámites sen necesidade de desprazarse ás Federacións Territoriais.

Por todo isto, convocamos aos pais / nais / ou titores legais dos xogadores de todas as categorías, a unha reunión informativa no campo de fútbol de Prados Vellos, nas datas e horas que se citan.

Nesta reunión explicaráselles que é o Programa "FENIX", e sobre todo e o máis importante, como AFILIARSE AO SISTEMA, requisito fundamental para todos e cada un dos membros que conforman o Numancia de Ares ADR.

As reunións informativas terán lugar nas seguintes datas e horas:

BIBERONS: xoves 29 de marzo, ás 17:30 h.

PREBENXAMINS: martes 27 de marzo, ás 16:30 h.

BENXAMINS: martes 27 de marzo, ás 16:30 h.

ALEVINS: mércores 28 de marzo, ás 17:30 h.

INFANTIS: sábado 31 de marzo, ás 18:15 h.

CADETES: xoves 29 de marzo, ás 20:00 h.

XUVENIS: sábado 31 de marzo, ás 20:00 h.

 

Para descargar a Guía Práctica para a solicitude de Credenciais de Afiliación PICA AQUI.
 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.