Inicio Noticias Xerais I TRIANGULAR PEÑAS DE FUTBOL ARESANAS
 
 

I TRIANGULAR PEÑAS DE FUTBOL ARESANAS

ADR Numancia de Ares. I Triangular de Peñas Aresanas. 07/01/12O DEPOR CAMPIÓN DO I TRIANGULAR DE PEÑAS.

A peña deportivista aresana adxudicouse o primeiro Triangular de Peñas despois de impoñerse a madridistas e barcelonistas. Os encontros tiveron lugar este pasado sábado no campo de Prados Vellos, organizados pola área de deportes do concello de Ares ea colaboración do Numancia.


Ares 7 de xaneiro de 2012.

Bo ambiente o que se respiraba na mañá deste sete de xaneiro en Prados Vellos, deportivistas, barcelonistas e madridistas aresanos median as súas forzas no primeiro triangular de peñas, e que a bo seguro non será o último, para ver quen se facía con tan prezado galardón.

O acontecemento, como non podía ser menos e facendo honra aos equipos aos que representaban, estivo precedido pola colocación de pancartas, foguetes de artificio anunciadores do evento e os correspondentes himnos dos respectivos clubs. Todo iso nun ambiente de cordialidade, alegría e bo humor.

Jugador@s de todas as idades, dende @s máis novos, ata @s máis entrados en anos, deleitáronnos cun triangular de fútbol -7 que a bo seguro non defraudou á nutrida e animosa afección que se deu cita no campo de Prados Vellos e que non parou de animar os seus respectivos equipos.

Estas foron as aliñacións que defenderon as cores dos seus equipos da alma coma se dunha final de champións se tratase:

PEÑA DEPORTIVISTA: Rosendo, Marcelino, Antonio, Sara, Embade, Pérez, José Juan, Manolo, Manel, Alex, Fran e Manu.

PEÑA BARCELONISTA: Sheyla, Pedro Espiñeira, Chony, Marcelo, Jesús, Barbeito, Piri, Juan Fuentes, Nico, Nelo, Andréu, Pablo, Javi, Pedro Varela e Chino.

PEÑA MADRIDISTA: José Luís, Álvaro, Tomás, Gonzalo, Juan Francisco, Ángel, Ivan Vila, Ivan Casal, Antón, Iria, Belen, Ana e Miguel Ángel.

Para manter a orde e a disciplina no terreo de xogo houbo que contratar os servizos de D. Andrés Rodríguez Rodeiro. Experimentado colexiado afeito a este tipo de lindes, e que tivo unha excelente actuación, a pesar da presión exercida tanto dende as bancadas coma dentro do terreo de xogo.

Ás doce do mediodía daba comezo o triangular co primeiro partido no que se enfrontaban deportivistas e madridistas.

PEÑA DEPORTIVISTA 1 - PEÑA MADRIDISTA 1 (2 - 0 p.p.)

Primeiro partido no que os deportivistas levaron o peso do xogo, o que lles valeu para poñerse por diante no marcador por medio de Fran. Poucos minutos antes do descanso os madridistas sorprenden os branquiazuis nun contraataque e Antón empata o partido. Na segunda metade volverían ser os deportivistas os que levarían de novo o peso do partido. Pero un acertado gardameta merengue impediría que os xogadores branquiazuis materializasen as claras ocasións das que dispuxeron. Finalmente chegaríamos ao final do partido con empate a un gol, polo que houbo que recorrer á quenda de penaltis. O primeiro lanzamento deteno o gardameta branquiazul Rosendo. Lanza Marcelino e marca para os deportivistas. Os madridistas envían o seu segundo lanzamento ao pau e Fran define para dar a vitoria os branquiazuis.

PEÑA BARCELONISTA 3 - PEÑA MADRIDISTA 1

Coma se dun clásico se tratase neste partido houbo tensión e nervios. Comezou cuns primeiros minutos de igualdade e de tanteo nos que ningún dos dous equipos arriscou. Pouco a pouco o Barça foi impoñendo o seu xogo e non tardaría en chegar o primeiro gol obra de Jesús. En pleno dominio cule e esporeado pola súa animosa afección, Javier faría subir o segundo ao marcador. Antes do descanso Jorge acurtaría distancias para os merengues, e con 2 - 1 a favor dos barcelonistas marcharíamos aos vestiarios. Na reanudación, aos dous minutos de xogo, Chino marcaría o terceiro e definitivo gol para o equipo cule. Dicir que os madridistas dispuxeron de boas oportunidades, pero unha sensacional gardameta blaugrana Sheyla, botou a perder moitas das ocasións merengues.

PEÑA DEPORTIVISTA 3 - PEÑA BARCELONISTA 2

Primeira metade igualada entre deportivistas e barcelonistas. Os branquiazuis xogando o balón dende atrás e con pases medidos entre as súas liñas tiveron unha maior posesión do esférico que rendibilizaron en gol por medio de Marcelino. Pronta reacción dos cules que pouco tardaron en empatar a contenda nunha rápida xogada de contraataque que sorprende á zaga branquiazul e Andréu envía o fondo da rede. Pouco antes de marchar ao descanso Manu volve poñer por diante aos deportivistas, e aos poucos minutos un erro na zaga blaugrana, deixa o balón nos pés de Alex que non perdoa. O que permite aos branquiazuis irse ao descanso con 3 - 1 ao seu favor.

Na segunda metade Carlos acurta distancias para a peña barcelonista. Este gol levantou os ánimos cules que nos últimos minutos do partido envorcaronse na área deportivista. Os blaugranas con máis efectivos no banco que os deportivistas, que xa estaban exhaustos e con poucos cambios, tiveron os mellores minutos do partido. Pero non foron suficientes para dobregar os branquiazuis que finalmente se levaron a vitoria, o que lles permitiu adxudicarse o I Triangular de Peñas.

Alegría e ledicia entre xogadores e afeccionados deportivistas pola vitoria. Felicitacións do resto de participantes no torneo e entrega de trofeos, que a bo seguro os branquiazuis colocarán nun lugar destacado das súas vitrinas.

Comentar como mala nova a lesión do xogador deportivista José Juan que tivo que abandonar o partido. Dende aquí mandámoslle un forte abrazo e desexámoslle unha pronta recuperación.

Finalmente e como colofón do evento preto de cen persoas, entre xogadores, familiares, afeccionados e simpatizantes trasladaronse ata o restaurante Villa de Ares, sede da peña deportivista, para repoñer forzas dando conta dun suculento cocido. A alegría, o bo ambiente, e o bo humor reinaba por todo o local. Os comentarios do partido, as xogadas polémicas, os goles, e os erros foron a comidilla nunha festa que se prolongou ata ben entrada a tarde.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.