Inicio Noticias Xerais XIII ENCONTROS DE NADAL (MUGARDOS) 4ª XORNADA
 
 

XIII ENCONTROS DE NADAL (MUGARDOS) 4ª XORNADA

O NUMANCIA BIBERÓN ESTARÁ NA FINAL DO TORNEO

Na tarde do xoves 29 de decembro disputouse no pavillón de Mugardos a cuarta xornada dos ENCONTROS DE NADAL CONCELLO DE MUGARDOS. Nesta xornada, o Numancia estivo representado polo seu equipo biberón ...

que xogou os seguintes encontros cos seguintes xogadores:

 
NUMANCIA: Isma, Juan, David, Brais, Axel, Xerar, Hugo, Dani, Sergio Feal e Ángel
 
NUMANCIA DE ARES, 5 - CCRD PERLÍO, 0
 
Partido con igualdade nos primeiros minutos. Co paso do tempo, o Numancia fíxose dominador do envite conseguindo unha clara vantaxe antes do descanso. Na segunda metade, seguiron gozando os numantinos do dominio do xogo, o que lles levou a vencer neste partido sen maiores complicacións.
 
NUMANCIA DE ARES, 3 - SD VAL “B”, 3
 
Na primeira metade, o Numancia sacou un equipo mesturando xogadores maiores e pequenos. O bo xogo do Numancia na primeira metade fíxo que o resultado ó descanso fora de 3-0 favorable aos aresáns. Na segunda metade, puidemos gozar de ver en acción durante 12 minutos a todos os xogadores pequenos do Numancia na pista. Esta situación foi aproveitada polos valexos para impoñer a súa superioridade física na pista e conseguir 3 goles que propiciaban o empate no marcador. Bo traballo dos peques neste partido, avanzando a pasos axigantados.
 
Con estes resultados, o Numancia finalizou a fase de grupos na primeira posicón. Isto permite que hoxe venres ás 18:40 o Numancia xogue a final do Torneo Biberón ante o Rápido de Neda, en dúas partes de 15 minutos.
 
Polo tanto, o calendario de partidos para o Numancia para hoxe venres,  último día dos Encontros de Nadal de Mugardos é o seguinte:
 
17:00 NUMANCIA DE ARES – EUME DEPORTIVO (prebenxamíns, partido polo 8º posto do Torneo)
 
18:40 : NUMANCIA DE ARES – RÁPIDO DE NEDA (Gran Final Biberón)
 
19:45 CEREMONIA DE CLAUSURA PARA TODOS OS NENOS PARTICIPANTES NO TORNEO
 
Esperamos a toda a familia numantina animando e arroupando ós máis pequenos da familia neste último día dos Encontros de Nadal De Mugardos. ¡¡¡Ímos pasar lista¡¡ ¡¡¡Non faltedes¡¡¡
 
¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡
 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.