Inicio Noticias Xerais COORDINADOR DEPORTIVO
 
 

COORDINADOR DEPORTIVO

  LUÍS CÉSAR SAMPEDRO, DIRECTOR DEPORTIVO DO NUMANCIAADR Numancia de Ares. Santos Inocentes 2011.

 Circunstancialmente, Luís César exercerá coma coordinador do fútbol base do Numan.

 

Ares, 28 de decembro de 2011

Finalmente, e tras longas conversas, o adestrador arousán aceptou colaborar coa sociedade aresá coordinando  o traballo dos adestradores que se ocupan das categorías inferiores. A función de Luís César consistirá principalmente no asesoramento e supervisión dos adestramentos, para o cal dedicará un par de horas semanais nas que se reunirá co conxunto de adestradores. Desde o club queremos expresar a nosa inmensa satisfacción por contar con esta extraordinaria axuda que, sen dúbida algunha, servirá para que os nosos xogadores reciban unha mellor formación e poidan progresar adecuadamente.

Esta colaboración comezará despois destas vacacións navideñas, estando fixada unha primeira reunión para o luns, 9 de xaneiro ás 19.00 h. Sempre que as súas ocupacións o permitan, estas reunións semanais celebraranse os luns a esa mesma hora.

 

¡¡¡SANTOS INOCENTES 2011!!!

FELIZ ANO NOVO A TOD@S

 

ADR Numancia de Ares. Santos Inocentes 2011. 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.