XIII ENCONTROS DE NADAL (MUGARDOS) 2ª XORNADA
EMOCIÓN E LEDICIA EN MUGARDOS
Na tarde do martes 27 de decembro, era o turno para a segunda xornada dos Encontros de Nadal no Pavillón do Cristo, en Mugardos. Nesta xornada, por parte do Numancia debutaba o seu equipo biberón, xogando dous partidos ...
Ares, 27 de decembro de 2011
...nos que participaron os seguintes xogadores:
NUMANCIA: Juan, Isma, David, Axel, Brais, Xerar, Hugo, Sergio Feal, Dani e Lucas.
Os partidos xogados polo equipo biberón do Numancia foron os seguintes:
NUMANCIA, 4 -,GALICIA DE MUGARDOS “B”, 0
Foi un partido con moita igualdade nos primeiros minutos. Pouco a pouco, os numantinos fixéronse donos do encontro, anotando catro goles que lle daban a anecdótica vitoria neste partido. Destacar a importante participación, en forma de minutos dos nenos máis pequenos do equipo, que fixeron un bo traballo durante todo o partido.
NUMANCIA, 6 - RACING DE FERROL, 3
Auténtico partidazo de biberóns o que nos ofreceron estos dous equipos. Un Racing moi forte con nenos veteranos nas súas filas impoñíase por 2-1 no descanso a un Numancia que mesturaba na primeira metade veteranía e xuventude.
Na segunda metade, ampliaba distancias o Racing. Pero os nenos máis maiores do Numancia, fixeron uns últimos dez minutos de partido para enmarcar. Con loita, solidariedade, traballo en equipo e bo fútbol foron quen de levantar o partido que reflectía no electrónico ao final do mesmo un resultado de Numancia, 6 - Racing de Ferrol, 3. Emocionante, vibrante e bonito partido para os nenos e para os seus acompañantes, que gozaron ata o asubío final do gran espectáculo ofrecido por ambos equipos.
Boa xornada de martes para o equipo biberón do Numancia, onde xa xogou dous partidos da fase de grupos. O próximo xoves ás 16:25 xogarán co Perlío e ás 19:45 farán o propio ante a SD Val “B”. Do resultado destes dous partidos dependerá a hora na que xogará o Numancia na xornada final do venres.
Para este mércores, volven a escea os prebenxamíns numantinos. Ás 16:25 mídense ante o Galicia de Mugardos “B” e ás 18:05 xogarán ante a SD Val. Nestes partidos decidirase a hora na que os prebenxamíns do Numancia xogarán na xornada final do venres.
¡¡¡TODOS COS MÁIS PEQUENOS DA FAMILIA ESTA SEMANA EN MUGARDOS¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡