Inicio Noticias Xerais III MEMORIAL "PEDRO GARCÍA VILAR"
 
 

III MEMORIAL "PEDRO GARCÍA VILAR"

 EXCELENTE PARTICIPACIÓN NO TORNEO DE F-7

Máis de trescentos nenos e nenas pertencentes a 24 equipos gozaron do seu deporte favorito nas instalacións de Prados Vellos. Victoria C.F. (prebenxamín e benxamín) e Eume (alevín) foron os vencedores desta edición.

Ares, 25 de setembro de 2011

“Só por Pedro xa vimos encantados a este torneo”, comentábanos Leo, un directivo do Victoria C.F., natural do Seixo e amigo seu. Efectivamente, Pedro merece sobradamente que manteñamos un torneo pensado principalmente para que os nenos e nenas se divirtan, un torneo no que entendemos que debe primar a participación, deixando nun lugar secundario os resultados. Aplicándonos estes principios, organizamos estas xornadas en memoria do noso Pedro García, alma máter no Numancia durante moitos anos, nas que todos os equipos xogaron os mesmos minutos e nas que todos os participantes recibiron os mesmos agasallos.

Houbo deportividade, corrección e gran ambiente en Prados Vellos. As familias dos nenos, os adestradores, os directivos dos clubs, e os propios protagonistas, nenos e nenas, tiveron unha actitude totalmente positiva, colaborando magnificamente no desenvolvemento dos partidos. Por tanto, desde a organización só nos queda manifestar o noso agradecemento a todos eles pola súa asistencia e comportamento.

Tamén quixeramos expresar a nosa gratitude ao concelleiro de deportes aresán, José Juan Vilar, quen estivo pendente día a día de todas aquelas circunstancias que había que ir resolvendo, así coma á concelleira Mª Victoria Montenegro, sempre voluntaria no acto de clausura ; grazas tamén aos compañeiros de Protección Civil que axudaron organizando o estacionamento dos automóbiles; grazas á familia Pena, propietaria do terreo utilizado como aparcadoiro, pola súa xenerosidade permitindo o seu uso;e, por último, grazas a todos aqueles que colaboraron arbitrando partidos, atendendo a cantina, repartindo auga, entregando os agasallos, ...

A continuación ofrecemos os resultados completos e clasificacións finais

 

1ª FASE

CATEGORÍA PREBENXAMÍN.

GRUPO A

Numancia – G. Mugardos: 2 – 2

Perlío – Neda:             2 – 0

Numancia – Neda:                 3 – 2

G. Mugardos – Perlío:            1 – 1

Perlío – Numancia:                0 – 0

Neda – G. Mugardos: 1 – 3

Clasificación

 

PX

PG

PE

PP

GF

GC

Ptos.

G. MUGARDOS

3

1

2

0

6

4

5

PERLÍO

3

1

2

0

3

1

5

NUMANCIA

3

1

2

0

5

4

5

NEDA

3

0

0

3

3

8

0

 

Como se pode observar, houbo unha gran igualdade entre tres equipos que acabaron empatados a puntos, tendo que recorrer aos goles a favor para desempatar.

 

GRUPO B

EUME – SAN SADURNIÑO:  0 – 1

MIÑO – VICTORIA:                            0 – 6

EUME – MIÑO:                                   1 – 6

VICTORIA – SAN SADURNIÑO:       9 – 0

MIÑO – SAN SADURNIÑO:   8 – 0

EUME – VICTORIA:               0 - 12

Clasificación

 

PX

PG

PE

PP

GF

GC

Ptos.

VICTORIA

3

3

0

0

27

0

9

MIÑO

3

2

0

1

14

7

6

SAN SADURNIÑO

3

1

0

2

1

17

3

EUME

3

0

0

3

1

19

0


CATEGORÍA BENXAMÍN.

GRUPO A

NUMANCIA – G. MUGARDOS:          0 – 0

PERLÍO – NEDA:                              0 – 0

NUMANCIA – NEDA:              1 – 2

G. MUGARDOS – PERLÍO:   2 – 1

PERLÍO – NUMANCIA:                      0 – 4

NEDA – G. MUGARDOS:                  1 – 2

Clasificación

 

PX

PG

PE

PP

GF

GC

Ptos.

G. MUGARDOS

3

2

1

0

4

2

7

NEDA

3

1

1

1

3

3

4

NUMANCIA

3

1

1

1

5

2

4

PERLÍO

3

0

1

2

1

6

1


GRUPO B

AS PONTES – SAN SADURNIÑO:   0 – 0

MIÑO – VICTORIA:                                        0 – 5

SAN SADURNIÑO – VICTORIA:                   1 – 6

AS PONTES – MIÑO:                                    2 – 3

SAN SADURNIÑO – MIÑO:               2 - 1

AS PONTES – VICTORIA:                0 - 6    

Clasificación

 

PX

PG

PE

PP

GF

GC

Ptos.

VICTORIA

3

3

0

0

17

1

9

SAN SADURNIÑO

3

1

1

1

5

8

4

MIÑO

3

1

1

1

4

8

4

AS PONTES

3

0

1

2

2

9

1


CATEGORÍA ALEVÍN

GRUPO A

NUMANCIA – G. MUGARDOS:          3 – 2

PERLÍO – MANIÑOS:            4 – 0

MANIÑOS – NUMANCIA:                   0 – 7

PERLÍO – G. MUGARDOS:   1 – 0

PERLÍO – NUMANCIA:                      1 – 1

G. MUGARDOS – MANIÑOS:            4 – 1

Clasificación

 

PX

PG

PE

PP

GF

GC

Ptos.

NUMANCIA

3

2

1

0

11

3

7

PERLÍO

3

2

1

0

6

1

7

G. MUGARDOS

3

1

0

2

6

5

3

MANIÑOS

3

0

0

3

1

15

0


GRUPO B

EUME – AS PONTES:           3 – 0

VICTORIA – CEDEIRA:         8 – 0

EUME – VICTORIA:   3 – 2

AS PONTES – CEDEIRA: 7 – 0

VICTORIA – AS PONTES:1 – 0

EUME – CEDEIRA:                6 – 0

Clasificación

 

PX

PG

PE

PP

GF

GC

Ptos.

EUME

3

3

0

0

12

2

9

VICTORIA

3

2

0

1

11

3

6

AS PONTES

3

1

0

1

7

4

3

CEDEIRA

3

0

0

3

0

21

0

 

XORNADA FINAL

Durante a tarde do sábado disputáronse os partidos finais, emparellando aos equipos de cada grupo en función da clasificación obtida na primeira fase.

 

CATEGORÍA PREBENXAMÍN.

NEDA – EUME:                                  2 – 1

NUMANCIA – SAN SADURNIÑO: 8 – 0

PERLÍO – MIÑO:                               0 – 2

G. MUGARDOS – VICTORIA:           1 - 12


1º: VICTORIA; 2º: G. MUGARDOS; 3º: MIÑO; 4º:PERLÍO; 5º: NUMANCIA; 6º: SAN SADURNIÑO; 7º: NEDA; 8º: EUME


CATEGORÍA BENXAMÍN

PERLÍO – AS PONTES:                   0 – 1

NUMANCIA – MIÑO:               2 – 3

NEDA – SAN SADURNIÑO:  1 – 0

G. MUGARDOS – VICTORIA:           0 – 8

1º: VICTORIA; 2º: G. MUGARDOS; 3º: NEDA; 4º: SAN SADURNIÑO; 5º: MIÑO; 6º: NUMANCIA 7º: AS PONTES; 8: PERLÍO


CATEGORÍA ALEVÍN

MANIÑOS – CEDEIRA:                     2 – 5

G. MUGARDOS – AS PONTES:       3 – 5

PERLÍO – VICTORIA:                        0 – 6

NUMANCIA – EUME:              1 – 4

1º: EUME; 2º: NUMANCIA; 3º: VICTORIA; 4º: PERLÍO; 5º AS PONTES; 6º: G. MUGARDOS; 7º: CEDEIRA; 8º: MANIÑOS.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.