Inicio Noticias Xerais UN DÍA NO AQUAPARK DE CERCEDA
 
 

UN DÍA NO AQUAPARK DE CERCEDA

 FIN DE TEMPORADA PARA CADETES E INFANTÍS

Aquapark de Cerceda foi o punto final á temporada 2010-11  dos xogadores aresáns.
 
Ares, 12 de xullo de 2011
Ás doce da mañá abriu as súas portas o parque acuático de Cerceda reservado case en exclusiva para os aresáns: piscina de ondas, tobogáns, aquatubo, kamikaze, multipistas, jacussi, uve, ... foron utilizadas cen mil veces polos rapaces, sen agardar quendas, sen queimaduras ocasionadas polos potentes raios solares (tan frecuentes aquí).
Ás dúas do mediodía, o xantar nun restaurante próximo permitiu lanzarse as migas de pan, intercambiándoas de mesa en mesa e serviu de respiro e descanso para afrontar a xornada da tarde. Uns fugaces raios de sol iluminaban de cando en vez o interior do comedor e ilusionaban cunha tarde soleada.
E así foi. As nubes non paraban sobre o recinto acuático. Pasaban e pasaban, impelidas por un fresco vento. Nubes grises, nubes máis claras, nubes e nubes. Cando o sol se facía un oco, todos corriamos para cargar as baterías. Aínda así, agás catro vellos mariñeiros, todos bulían entre poza e poza. Das cataratas á piscina. Da uve aos tobogáns. 
Tamén houbo tempo para os xelados e ata para botar algunhas partidas aos dados.
E, finalmente, a subida ao reconfortante autobús. 
Deica o próximo verán, Aquapark. Volveremos (iso si, estaremos máis pendentes das previsións meteorolóxicas)
 

Excursión Aquapark (Cerceda) 2011.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.