CAMPUS DE VERAN FUNDACIÓN CELTA DE VIGO 2011.

ADR Numancia de Ares. Campus de verán fundación Celta de Vigo 2011.Por segundo ano consecutivo, a Fundación Celta de Vigo levará a cabo un campus no campo de fútbol de Prados Vellos.

 

 

Ares 3 de xullo do 2011.
Os destinatarios desta iniciativa son os nenos e nenas de 4 a 16 anos, e o campus desenvolverase entre os días 18 e 23 de xullo, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

As inscripcións deberán formalizarse no teléfono 902 104 404 ou na dirección www.fundacioncelta.com.

O prezo é de 160 euros para os participantes de fóra de Ares ou Mugardos, e de 120 para os empadroados neste municipio e o veciño, federados do Numancia e do Galicia de Mugardos. No caso de que participen varios irmáns, terán a maiores un desconto do 10% sobre a tarifa aplicable. Os rapaces recibirán o primeiro día do campus – terán que ir ás 09:00 ao campo de fútbol – unha equipación completa e reversible do Celta de Vigo.

 

Cartel Campus de Verán Fundación Celta de Vigo 2011.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.