Inicio Noticias Xerais CLAUSURA DO FÚTBOL-7
 
 

CLAUSURA DO FÚTBOL-7

ROMARÍA EN SANTA CATALINA
Xornada de convivencia e festa de clausura das escolas municipais de fútbol-7 para os cativos e as súas familias o sábado, 2 de xullo.

 

Ares, 26 de xuño de 2011
O sábado 2 de xullo terá lugar o xa tradicional xantar para todo o fútbol-7 do Numancia. Este evento celebrarase no mosteiro de Santa Catalina a partir das 13.00 h., prevéndose unha asistencia dunhas 150 persoas que poderán desfrutar das magníficas instalacións do mosteiro durante toda a xornada. O pequeno campo de fútbol, o extraordinario xardín, o interior do mosteiro, e mesmo un paseo polas baterías prometen unha xornada de convivencia ideal para despedir a temporada.
Se algunha familia aínda non confirmou a súa asistencia, pode facelo ata o xoves, 30 de xuño, comunicándoo na secretaría do club.
O menú consistirá en: tortilla, lacón asado, empanada e postre.
O prezo por familia é de 20 euros.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.