Inicio Noticias Xerais V TORNEO DE FUTBOL SALA "C.D. A SOLAINA".
 
 

V TORNEO DE FUTBOL SALA "C.D. A SOLAINA".

ADR Numancia de Ares. V Torneo CD A Solaina. Santa Icia.GRAN XORNADA DE CONVIVENCIA
O pasado fin de semana, participaron os equipos de biberóns e prebenxamíns da ADR Numancia de Ares no Torneo do CD A Solaina, no pavillón “Campo Da Serra” de Santa Icia, onde deixaron moita pegada no campo e nas bancadas.

Santa Icia 4 e 5 de xuño de 2011.

O Numancia de biberóns disputou os seguintes encontros:

NUMANCIA 4 – A SOLAINA 1

NUMANCIA 3 – MAT. ATLÁNTICO 4

NUMANCIA 3 – MAT. ATLÁNTICO 5

Boa imaxe do equipo biberón neste Torneo. Na xornada do sábado, xogaban dous bonitos partidos ante A Solaina e ante o Materiales Atlántico, na fase de grupos.

Na xornada do domingo, o Numancia disputaba a gran final do Torneo ante o Materiales Atlántico, onde ambos equipos ofreceron un gran espectáculo a numerosa e animosa afección presente nas bancadas. ¡¡¡Noraboa campións¡¡¡

En canto a categoría de prebenxamíns, o Numancia participou neste torneo con 7 xogadores, todos eles de primeiro ano. Estes foron os partidos que disputaron os comprometidos nenos numantinos:

NUMANCIA 1 – A SOLAINA 8

NUMANCIA 1 – MAT. ATLÁNTICO 6

Neste Torneo, poidemos apreciar a enerxía e ilusión que poñen os xogadores de primeiro ano prebenxamín nos seus encontros de fútbol sala. Despois dunha temporada convulsa neste deporte, chegaban a este Torneo mermados de efectivos, pero pese a iso, deron a cara en ambos encontros conseguindo ilusionar á sua fiel afección con xogadas moi bonitas e goles de moito mérito. ¡¡¡Noraboa rapaces¡¡¡

O equipo prebenxamín de primeiro ano remata desta forma a tempada. Teñen a opción de adestrar ós xoves co equipo de fúbtol – 7, que disputará dous torneos nos próximos fins de semana, en Neda e San Sadurniño respectivamente.

Agradecer ó esforzo dos nenos e dos familiares nesta tempada diferente en fútbol sala, co desexo de velos de novo en Prados Vellos na vindeira tempada. ¡¡¡Felices vacacións¡¡¡

Polo tanto, moi boa imaxe do Numancia no Torneo de A Solaina, transmitindo ilusión e vivindo unha fermosa xornada de convivencia cos rapaces e afeccionados dos demais clubs participantes.

Agradecer o CD A Solaina a súa invitación e o seu bo trato durante todo ó Torneo.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.