Inicio Noticias Xerais II TORNEO DE F - 7 "CONCELLO DE MIÑO".
 
 

II TORNEO DE F - 7 "CONCELLO DE MIÑO".

ADR Numancia de Ares. II Torneo Concello de Miño. Gallamonde.SENSACIONAL TORNEO EN MIÑO
O pasado fin de semana, os conxuntos de prebenxamíns, benxamíns e alevíns do Numancia de Ares participaron no II Torneo Concello de Miño, gozando do sol, da boa temperatura e da excelente organización deste Torneo.

Gallamonde, 3 e 4 de xuño de 2011.

O Numancia prebenxamín disputou os seguintes encontros:

NUMANCIA 2 – ONCE CABALLEROS 3

NUMANCIA 3 – TORRE 0

Presentouse o Numancia no Torneo moi mermado de efectivos e sen porteiro. Pese a esos inconvintes, foi quen o venres de plantarlle cara o campión do torneo, o Once Caballeros ante o que caeu por 2 - 3 despois de ir gañando por 2 - 0.

O sábado mediuse ó Torre vencendo con claridade nun partido de dominio numantino.

Bo papel do Numancia e boa experiencia para ós nenos que xogaron contra dous equipos de A Coruña, sempre e bonito disputar encontros con novos equipos e facer novas amizades.


En canto ó equipo benxamín, disputou ós seguintes encontros:

NUMANCIA 7 – X. CABAÑAS 0

NUMANCIA 4 – PORTAZGO 2

NUMANCIA 1 – ONCE CABALLEROS 1

Na xornada matinal do sábado, os benxamíns vencían con claridade ó X. Cabañas e desfacíanse do Portazgo coruñes nun emocionante partido que lles daba a clasificación para ás semifinais.

Nas semifinais, o Numancia empatou co equipo de Cambre do Once Caballeros a un tanto, nun vibrante partido. A quenda de penaltis eliminou ó Numancia deste Torneo.


Por último, os mais maiores, os alevíns desputaron ós seguintes encontros:

NUMANCIA 1 – SD BARALLOBRE 2

NUMANCIA 0 – ONCE CABALLEROS 2

No primeiro encontro, ó Numancia xogábase ó pase ás semifinais ante o Barallobre, que no día anterior derrotara con claridade o Once Caballeros. Nun partido aberto, con dominio numantino, ó Barallobre levouse o gato a auga ó aproveitar dous regalos defensivos do Numancia. Foi un gran partido de ambos equipos.

No segundo e intrascendente partido, xogado ás 14:30, ó Numancia acosou ó esforzo do partido anterior e a forte calor, caendo derrotado ante un fresco Once Caballeros por 0 - 2.

Con este partido finalizaba o periplo do Numancia alevín neste Torneo, onde ós 12 xogadores convocados desfrutaron de moitos minutos.

Dende a ADR Numancia de Ares soamente podemos agradecer ó Bemantes CF e o Concello de Miño pola sua invitación a este Torneo e polo bo trato hacia os compoñentes numantinos. Felicitalos tamén pola excelente organización do Torneo, onde non faltaba ningún detalle.

¡¡¡Noraboa¡¡¡

Agradecer por suposto ós nenos numantinos ó seu esforzo e tamén ós afeccionados que acompañaron ó Numancia neste Torneo. ¡¡¡Grazas a todos¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.