VIII TORNEO FUTBOL “R. C. DEPORTIVO DE A CORUÑA” ALEVÍN–8 E BENXAMIN–7.
UN DIA DE SOÑOS EN ABEGONDO
Este martes 17 de maio, día das letras galegas, os equipos de benxamíns e alevíns da SDR Numancia de Ares desprazaráronse ata as instalacións do mundo do fútbol para participar no VIII Torneo do Real Club Deportivo de A Coruña.
Polo equipo ALEVÍN, participaron no Torneo os seguintes xogadores:
Numancia: Adrían, Fran, Pablo, Piñeiro, Alexis, Anido, Luís, Antón, Raúl, Antonio, Anido, Alex Feal e Fernando.
Os alevíns xogaron na modalidade de fútbol – 8 os dous partidos de 20 minutos na fase previa.
NUMANCIA 0 – MARAVILLAS 2
Neste partido, o Numancia fixo un bo xogo, levou a batuta do encontro e realizou un xogo combinativo moi bonito. A pena foi que non tiveron acerto nas ocasións das que dispuxeron. Pola contra, o Maravillas aproveitou ben dúas ocasións nos últimos minutos do partido para levarse os 3 puntos do envite.
NUMANCIA 0 – LUGO “B” 3
Xogou o Numancia co Lugo “B”. O CD Lugo, un equipo con moito poderío físico e moita mais rodaxe cos numantinos puxo terra de por medio con dous goles consecutivos na primeira metade. Na segunda parte, o Numancia plantou cara a este potente rival, pero aínda asi encaixou un novo gol nunha xogada de contraataque.
Boa imaxe dos alevíns pese a quedar eliminados contra dous grandes equipos.
No equipo BENXAMÍN participaron os seguintes xogadores:
Numancia: Adrián, Dani, Saúl, Diego Varela, Pablo, Martín, Víctor, Jaime, Mario Martínez, Mario García e Juan.
NUMANCIA 3 – MARAVILLAS B 1
Os numantinos dobregaron a un rival de primeiro ano con algo de suspense. Despois de poñerse cun 2 - 0 na primeira metade, recurtaba distancias o Maravillas na segunda. Un novo gol numantino preto do final establecía o 3 - 1 definitivo.
NUMANCIA 3 – SD DUBRA 0
Partido de dominio numantino. Vitoría clara para o Numancia que se clasificaba con estos resultados para os 1/16º de final do Torneo, a desputar na xornada vespertina.
NUMANCIA 2 – ABANQUEIRO 3
Partidazo de benxamíns o que poidemos presenciar nesta eliminatoria. Dous bos equipos que apostaban polo xogo combinativo. O Abanqueiro conseguía adiantarse no marcador no minuto 10, poñendo o 0 - 1. Pero pronto reaccionarían ós de Ares, cun golazo de Martín que restablecía o empate a 1 tantos no minuto 15. Unha pena que antes do descanso os visitantes establecían o 1 - 2.
Tiña que empatar o Numancia, e nunha boa xogada combinativa os de Ares conseguían o 2 - 2 na metade do segundo tempo. Pero preto do final chegaba o gol da vitoria visitante nun disparo lonxano. Intentouno o Numancia ata o final pero non poido evitar o 2 - 3 definitivo que os eliminaba do Torneo.
En definitiva, gran papel dos equipos benxamíns e alevíns numantinos, que deixaron o pabellón aresán e o nome do Numancia de Ares moi alto.
Un precioso torneo, unha gran xornada de convivencia. Uns partidos disputados nunhas magníficas instalacións e nuns campos dignos de primeira división. ¡¡¡Unha gozada¡¡¡ Un día que os nenos, nunca olvidarán.
Felicitar o RC Deportivo de A Coruña pola súa magnífica organización, tanto no tema do tráfico, aparcadoiros e no aspecto puramente deportivo. Agradecer o bo trato do persoal da entidade coruñesa ó Numancia e agradecer a súa invitación. ¡¡¡Esperamos voltar na próxima edición¡¡¡
¡¡¡GRACIAS DEPOR¡¡¡ Nestas ocasións, demostras ser de primeira¡¡¡
Gracias a todos os pais, nais e familiares dos nenos de benxamíns e alevíns do Numancia de Ares pola sua paciencia, acompañamento e ánimos o longo deste marabilloso Torneo.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡