Inicio Noticias Xerais INAUGURACION "PRAZA DO NUMANCIA".
 
 

INAUGURACION "PRAZA DO NUMANCIA".

ADR Numancia de Ares. Inauguración da Praza Numancia.Ares 22 de marzo de 2011.

Hoxe martes, ás 12:15 horas, o alcalde de Ares D. Julio Iglesias xunto cos membros da Xunta Directiva do Numancia, e arroupados por socios e veciños da localidade, tiveron a honra de inaugurar, no soar do antigo campo de fútbol, a praza que levará o nome da entidade deportiva aresá. O acto consistiu no descubrimento dunha placa na que reza a inscrición "PRAZA DO NUMANCIA, A NOSA HISTORIA". A inauguración da praza, que leva o nome do Numancia, é sen lugar a dúbidas unha merecida homenaxe a todas aquelas persoas que alá polo ano 1948 comezaron a preparar o campo do Xuncal, desmontando e recheando a base de carretas e centos de carros de barro e terra o que foi a cuna do fútbol aresán. Tamén rinde homenaxe a todas aquelas outras persoas que viñeron atrás, recolleron o testigo e mantiveron vivo o patrimonio e a historia da sociedade ata o día de hoxe. Aos que estamos agora, e aos que virán nun futuro, sírvanos de exemplo como símbolos do traballo, sacrificio, compromiso, orgullo e bo facer.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.