SELECCIÓN DE ALEVÍNS: SANTIAGO, 1 – FERROL, 2

Vitoria traballada en Santa Isabel

Xoves, 12 de febreiro de 2009

 

Segunda vitoria da selección ferrolá neste campionato galego. Os ferroláns alineron de saída o seguinte equipo: Bruno; Carlos, Enrique; Pablo, Samuel, Aitor; e Iván. Ao longo do partido tamén xogaron Martín, Dani, Sergio e Antonio.

Esta tarde os dous equipos ofreceron un choque de fútbol directo, non moi vistoso pero si moi disputado. Adiantouse o equipo ferrolán por medio de Iván, chegando ao descanso con ese solitario gol. Na segunda parte, Enrique aumentou a diferenza e nos últimos minutos acortou distancias a selección ferrolá.

Os xogadores máis destacados foron os dous centrais: Carlos e Enrique.

Salientar tamén a participación do xogador do Numancia, Martín, que ocupou a posición de central durante a segunda parte.

Con esta segunda vitoria, os ferroláns disputarán a primeira posición do grupo coa selección coruñesa.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.