Inicio Noticias Xerais ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA
 
 

ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA

 ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Para o domingo, 6 de febreiro de 2011 está convocada a asemblea xeral extraordinaria da SDR Numancia, ás 11.30 h. en primeira convocatoria e ás 12.00 h. en segunda convocatoria, de onde sairá a nova xunta directiva e un Regulamento de Réxime Interno
Ares, 17 de xaneiro de 2011
No local social da SDR Numancia, ubicado no campo de fútbol de Prados Vellos, celebrarase esta asemblea xeral extraordinaria, segundo a seguinte orde do día:
 
1º.- ELECCIÓN DE NOVA XUNTA DIRECTIVA.
 
2º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO REGULAMENTO DE RÉXIME  INTERNO.
 
A continuación engadimos a documentación referente a estes dous puntos:
 
A xunta Directiva da Asociación Recreativa Numancia en  reunión do 7 de xaneiro de 2011, acorda  abrir o proceso electoral para a renovación da súa Xunta Directiva.
Artigos dos Estatutos aplicables :
Artigo 12º-1.- O presidente da Asociación será designado pola Asemblea Xeral entre os asociados e o seu mandato durará 4 anos.Será asistido nas súas función por un vicepresidente, que o substituirá no caso de vacante, ausencia ou enfermidade.
Artigo 13º-1.-A  Xunta Directiva estará formada polo presidente da asociación, un vicepresidente, un secretario ,un tesoureiro e 3 vocais
Artigo 13º-3.-A Asemblea  Xeral será a competente para elixir os cargos da Xunta Directiva. A súa duración será de 4 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.
Artigo 21º 2.-Será competencia da Asemblea Xeral Extraordinaria elixir e cesar os membros da Xunta Directiva.
Calendario electoral ( todos os actos no local da Asociación )
                      16 de xaneiro de 2011.-Constitución da Xunta Electoral.as 16:45 nas instalación da Asociación, e que estará composta polo presidente, o secretario e un socio/a que non pertenza á Xunta Directiva. 
                      17 de xaneiro de 2011.-Apertura prazo presentación de candidaturas.
                      1 de febreiro de 2001.-Fin do prazo de presentación de candidaturas.
                      4 de febreiro de 2011.- Fin do prazo de reclamacións.
                      6 de febreiro de 2011.- Votación das candidaturas e proclamación da nova Xunta Directiva.
 
REGULAMENTO REXIME INTERNO
 
Artigos dos Estatutos aplicables :
Artigo 21º 9.- Será competencia da Asemblea  Xeral Extraordinaria aprobar o Regulamento de Réxime Interno da Asociación.
Artigo 36º.- O Regulamento de Réxime Interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas nos presentes  estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva e o procedemento disciplinario , non podendo ir en ningún caso contra do estipulado neles.En todo caso, o funcionamento interno da Asociación estará sometido ao ordenamento xurisdición civil.
 
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.