Inicio Noticias Xerais ELECCIÓNS SDR NUMANCIA
 
 

ELECCIÓNS SDR NUMANCIA

 ACTA DE CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

Onte, domingo 16 de xaneiro, ás 16.45 h., na secretaría da SDR Numancia, constituíuse a Xunta Electoral que regulará o proceso electoral de renovación da xunta directiva. Seguidamente, acordaron aprobar o censo e o calendario electorais. Publicamos unha copia da acta da reunión.
Ares, 17 de xaneiro de 2011.
Segundo os artigos 12º-1 e 13º-3 , a Xunta Directiva da Asociación Recreativa Numancia acorda en  reunión do 7 de xaneiro de 2011 abrir o proceso electoral para a renovación da súa Xunta Directiva, polo que se  constitúe  a Xunta Electoral que será a encargada de regular todo o proceso electoral e que queda formada polos seguintes socios :
D. Antonio Rodríguez  Martínez, que actuará como presidente.
D. J. Luis Casás Fachal , que actuará como secretario.
D. Antonio  Díaz Fernández, que actuará como vocal.
Os acordos tomados foron os   xeguintes:
1. Aprobación do censo electoral  (socios en activo e maiores de 18 anos )
2. Calendario electoral, que queda como segue:                                                                       
 ( todos os actos no local da Asociación )
                     17 de xaneiro de 2011.-Apertura prazo presentación de candidaturas.
                      1 de febreiro de 2011.-Fin do prazo de presentación de candidaturas.
                      4 de febreiro de 2011.- Fin do prazo de reclamacións.
                      6 de febreiro de 2011.- Votación das candidaturas e proclamación da nova Xunta Directiva.
3. Enviar carta de comunicación do calendario electoral e da convocatoria da Asemblea Extraordinaria a todos os socios electores.
4. Aprobación do modelo de presentación de candidaturas a disposición na secretaría da Asociación.. Tamén se pode facer nun que recolla nome e DNI.
   En Ares, sen máis asuntos que tratar, sendo as  17: 15 horas do día 16 de xaneiro de 2011, rematamos a reunión e asinamos este documento  todos os asistentes.
 
 Asdo. D. Antonio   Rodríguez  Martínez           Asdo. D. J. Luis Casas Fachal        
 
                      Asdo. D. Antonio  Diaz Fernandez
 
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.