Inicio Noticias Xerais ELECCIÓNS NA SDR NUMANCIA
 
 

ELECCIÓNS NA SDR NUMANCIA

 CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

O domingo 16 de xaneiro, no descanso do partido entre o Numancia e o Somozas B, terá lugar na secretaría do club o sorteo para escoller ao socio/a que formará parte da Xunta Electoral, xunto ao presidente e ao secretario da actual xunta directiva. Seguidamente, celebrarase unha reunión desta Xunta Electoral na que elaborarán o calendario electoral, marcando os prazos de presentación de candidaturas así como o día da elección da nova xunta directiva.
Ares, 14 de xaneiro de 2011
Transcorridos algo máis de catro anos do mandato da actual xunta directiva da SDR NUMANCIA, asistimos ao comezo dun proceso electoral que comezará este próximo domingo coa constitución dunha Xunta Electoral, formada polo presidente e secretario actuais, xunto cun socio elexido por sorteo público. Unha vez estea aprobado o calendario electoral publicaremos nesta web toda a información. Ademais, os socios recibirán por correo as convocatorias para as dúas asembleas que se van celebrar: unha asemblea ordinaria coa presentación da memoria económica corresponde ao ano 2010 e o proxecto de actividades para o 2011; e, unha asemblea extraordinaria á que se presentará un borrador de Regulamento de Réxime Interno e na que tamén se renovará a xunta directiva.
Desde aquí animamos á participación tanto na asistencia ás asembleas como na presentación de candidaturas.
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.