Inicio Noticias Xerais XII ENCONTROS DE NADAL (MUGARDOS) 4ª XORNADA
 
 

XII ENCONTROS DE NADAL (MUGARDOS) 4ª XORNADA

SDR Numancia de Ares. XII Encontros de Nadal (Mugardos). 4ª Xornada.XORNADA FINAL
Hoxe, nunha tarde intensa de fútbol, remataron os XII Encontros de Nadal de Mugardos, onde os equipos do Numancia acadaron os seguintes resultados:


Ares 30 de decembro do 2010.

BIBERÓNS: Numancia 1 – Perlio 4, acadando os de Ares o 4º posto.
PREBENXAMÍNS: Numancia 1 – Perlio 0, acadando os de Ares o 1º posto.
BENXAMÍNS: Numancia 2 – G. Mugardos “B” 1, acadando os de Ares o 3º posto.
ALEVÍNS: Numancia 0 – Perlio 2, acadando os de Ares o 6º posto.

Finalizaban no día de hoxe xoves os Encontros de Nadal de Fútbol-5 en Mugardos. Un Torneo no que o Numancia participou con todas as súas categorías de fútbol-7, ademais dos biberóns. Foron 4 días de convivencia, de partidos e de entretemento para todos ós rapaces participantes nestes encontros. Unha boa maneira de pasar 4 días de Nadal, e de crear un bo ambiente futbolístico no Pavillón do Cristo en Mugardos. ¡¡¡Noraboa a todos ós rapaces numantinos participantes no Torneo polo seu bo facer e pola súa entrega. Agradecer a presenza de pais, avós, irmáns, amigos, etc, que o longo destes días se deron cita no pavillón para animar e apoiar os rapaces. O noso agradecemento tamén, ó Concello de Mugardos e ó Galicia de Mugardos, pola súa invitación e polo seu bo trato ó Numancia durante todo ó Torneo.

Feliz Fin de Ano a todos (sen excederse, portádevos ben) e próspero Ano 2011.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 Para ver as fotos do Torneo PICA AQUI.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.