Inicio Noticias Xerais XORNADA FINAL. II TORNEO F-7 "PEDRO GARCÍA VILAR"
 
 

XORNADA FINAL. II TORNEO F-7 "PEDRO GARCÍA VILAR"

O VAL (PREBENXAMÍNS), NUMANCIA (BENXAMÍNS) E AS PONTES (ALEVÍNS), CAMPIÓNS .
Xornada final deste torneo con asistencia de numeroso público.


Ares, 25 de setembro de 2010
Desde primeiras horas da mañá ata o serán deste sábado medio outonal, disputáronse en Prados Vellos as semifinais e finais.
SEMIFINAIS
Na categoría prebenxamín, O Val derrotou con claridade ao G. Mugardos por 10 – 3. No outro partido, o Perlío venceu por 2 – 0 ao Numancia.
En benxamíns, o Perlío acabou empatando nos últimos minutos co Eume a tres goles e houbo que ir á tanda de penaltis, que lle deu a clasificación aos feneses. Menos igualdade no partido entre o Numancia e o G. Mugardos, que rematou cun 10 – 3 favorables aos aresáns.
E na categoría alevín, disfrutamos de dúas semifinais intensas e disputadas:
Perlío, 1 – As Pontes, 2 : Perlío e As Pontes ofreceron un excelente partido que se decantou cunha vitoria mínima para os ponteses.
Barallobre, 3 – Figaredo,1: o Barallobre dominou claramente ao Figaredo, un equipo asturiano de Mieres que desprazou ata Ares ao equipo B, mais os de Barallobre tiveron que esperar ao tramo final do partido para marcar os seus goles e remontar o tanto asturiano.

 

FINAIS
Pola tarde, cumpríronse os pronósticos e os equipos que obtiveran os mellores resultados durante o campionato acabaron proclamándose campións:
Prebenxamíns: Perlío, 1 – O Val, 3
Benxamíns: Perlío, 3 – Numancia, 5
Alevíns: As Pontes, 8 – Barallobre, 2

3º - 4º POSTOS.
Nos partidos de consolación, déronse estes resultados:
Prebenxamíns: Numancia, 5 – G. Mugardos, 2
Benxamíns: G. Mugardos, 3 – Eume, 7
Alevíns: Perlío, 6 – Figaredo, 0

A destacar un bonito e emocionante xesto realizado polos prebenxamíns do Numancia que dirixe Borja, portando unha camiseta na que lembraban ao noso amigo Pedro García. Posteriormente, os benxamíns de Pedro tamén repetiron este acto.

E chegou a entrega de trofeos e medallas, coa presenza da concelleira aresá Vitoria Montenegro e o xogador de afeccionados Jose.  O primeiro agasallo foi para Mayolla Martínez, a nena gañadora do concurso de debuxo convocado para escoller o cartel anunciador do torneo.
Seguidamente, foron desfilando todos os equipos e xogadores recollendo os trofeos e medallas. Hai que salientar que o Figaredo entregou unha placa ao Numancia, en agradecemento pola invitación recibida para participar no torneo.

O Numancia quere manifestar o seu agradecemento a todos os equipos participantes, recoñecendo o sacrificio dos desprazamentos durante varios días á nosa vila, especialmente ao Figaredo asturiano. Tamén agradece a colaboración do concello de Ares e o labor dos membros de Protección Civil, que estiveron regulando o tráfico de acceso a Prados Vellos. Por suposto, este torneo non sería posible sen a aportación arbitral de Andrés, Jorge, Escudero, Bardanca e Ramón.
En xeral,  puidemos desfrutar dun torneo onde o comportamento de todos os participantes, xogadores e adestradores, foi magnífico e correctísimo. Grazas a todos e deica a terceira edición deste torneo “Pedro García Vilar”, organizado en memoria do amigo que se nos foi, de quen dedicou moitas horas do seu tempo aos nenos, razón principal da súa entrega ao fútbol e ao Numancia.


Para ver as fotos do Torneo de F-7 de Ares “II Memorial Pedro García Vilar” pica aquí, e terás acceso a catro álbums, un por cada día de Torneo. Dende a SDR Numancia de Ares esperamos que vos gusten. Moitas grazas pola vosa participación.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.