VETERÁNS: NUMANCIA A, 2 – NUMANCIA B, 2

Empate a dous tantos en Prados Vellos entre os equipos de veteráns do Numancia...

 

Numancia de Ares. Encuentro de veteranos. Enero 2009

 

ALINEACIÓNS:
Numancia de Ares. Encuentro de veteranos. Enero 2009

NUMANCIA A: Benildo, Juan, Jimi, Suso, Carballo, Marcelino, Cateto, Sixto, Nillo, Cano, Covelo, Pacucho, Juancho, Juan, Tombo, Dani René e Rosco.


NUMANCIA B: Andrés, Santy, Peinado, Sardiña, Víctor, Rula, Pedro, Fran Bardanca, Javi, Magariños, René, Beto, Chemari, Manolo, Tinito e Etíope.

ÁRBITROS: Dirixiu o partido o colexiado internacional portugués d. Ricardo Torres, quen estivo auxiliado nas bandas polos señores d. José Azevedo e d. António Silva. Paciente actuación do trío arbitral  ante as inxustificadas protestas dos xogadores do Numancia B. Merecen a máis alta cualificación por ser quen de chegar ata o final sen amosar ningún cartón.

Numancia de Ares. Encuentro de veteranos. Enero 2009

GOLES:
0 – 1: Tinito
0 – 2: Beto
1 – 2: Marcelino
2 – 2: Dani René

COMENTARIO DE KOLÉ: A afección de Prados Vellos disfrutou dun partido de veteráns onde houbo empate en todo: riñas, disputas, alegrías e goles.
    Como en todo partido que se precie, para desfacer o empate houbo que ir ao fatídico punto de penalti, e nin así se desfixo o empate.
    Vimos unha primeira parte onde o equipo B, comandado por Fran Bardanca e cunha defensa de luxo, foi moi superior ao equipo A. Na segunda parte cambiaron as tornas pois este equipo A, cun Yimi inconmensurable, un

Numancia de Ares. Encuentro de veteranos. Enero 2009

Marcelino todo-terreno na parcela ancha e unha finalización de ensoño de Pacucho, conseguiu a igualada.

    Comentar que este partido estivo arbitrado por colexiados portugueses que demostraron que a arbitraxe portuguesa está a unha gran altura.

    Ben, esperemos que os reis sexan propicios para todos e nos traian –regalos- boa saúde para todos e que o próximo ano poidamos disfrutar con outro partido de veteráns onde o máis importante é o compañerismo e a unión entre afección e xogadores. AUPA NUMANCIA

INCIDENCIAS:  Por desgraza, non podemos finalizar esta crónica sen informar da lesión sufrida por Juan Alberto durante o quentamento. Un desafortunado choque cun compañeiro ocasionoulle a rotura dos ósos propios do nariz e o tabique nasal. A última hora desta noite xa se encontraba no seu domicilio, á espera de que nos próximos días os médicos decidan, de ser preciso, a operación. Desde o club, directivos, xogadores, adestradores e compañeiros do Numancia, JUAN ALBERTO, sorte e ánimo. Desexámosche unha boa e rápida recuperación.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.