Inicio Noticias Veteráns PARTIDO DE VETERANOS
 
 

PARTIDO DE VETERANOS

SDR NUMANCIA. VETERANOS. PARTIDO DE REIS. 2010ALINEACIÓNS CONFIRMADAS
Todos preparados para o espectáculo. Mañá, martes 5 de xaneiro, ás 16.00 h. e no incomparable escenario de Prados Vellos poderemos disfrutar observando as intervencións dos nosos veteranos. Ares, 4 de xaneiro de 2010
Parece ser que a elección dos xogadores para os dous combinados de veteranos resultou moi complicada e non se resolveu ata a última hora de hoxe.
No equipo A (camiseta vermella) formarán: Bastida, Kiko, Dani René, Óscar, Fran Bardanca, Julio, Cobelo, César, Jose Mahía, Oumar, Ricardo, Tinito, Genete, Tombolato, Nillo, Benildo e Suso. No banquiño,  Picas exercerá de adestrador consagrado e coma adestrador en prácticas acompañarao Juan Alberto.
Polo equipo B (camiseta amarela) teremos a : Andrés, Pedro, Doval, Víctor, Peinado, Marcelino, Renato, Carballo, Coqui, Ogen, Rula, Pablo, Dani Magariños, Juancho, Rosco, Manolo Peña e Pacucho. Precisamente este último xogador, Pacucho, desempeñará unha dobre función xa que  tamén exercerá coma adestrador, ao lado de Colé.
O trío arbitral está capitaneado por Rayito, que terá nas bandas a inestimable colaboración de Juan e Chino.
Á finalización do partido todos os participantes terán unha sesión de relax nun establecemento da comarca,  tras a que regresarán a Prados Vellos para a partir das 20.00 h. degustar a empanada, o lacón asado e a bola de crema tradicional, todo acompañado dos viños do país e outros licores (barra libre).
Seguro que será unha data a recordar. E aí estará o noso reporteiro gráfico Ramón para recoller as espectaculares imaxes do evento.
 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.