Inicio Noticias Veteráns VETERANOS. INSCRICIÓN.
 
 

VETERANOS. INSCRICIÓN.

QUEREDES UN NUMANCIA DE VETERANOS? 

Todos aqueles interesados en formar parte dun equipo de veteranos da ADR NUMANCIA, coa intención de participar na Liga de Veteranos da próxima temporada, sexa de F-8 ou de F-11, deben dirixirse ao club comunicando a súa intención antes do 29 de abril. 
 
Ares, 9 de abril de 2016
 
Dándolle cumprimento aos seus Estatutos, a ADR Numancia valora a posibilidade de crear unha sección de fútbol veterano, participando nas competicións organizadas pola Federación Galega de Fútbol.  En consecuencia, marca un prazo dunhas tres semanas para poder coñecer o interese que puidese existir entre todos aqueles practicantes do fútbol, xogasen anteriormente no Numancia ou non e maiores de 30 anos. 
 
A comunicación pode trasladarse a través dos seguintes medios:
- correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
- teléfonos: 619990258 – 981448121
- conversa persoal con directivos.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.