Inicio Noticias Veteráns LIGA DE VETERANOS
 
 

LIGA DE VETERANOS

PREINSCRICIÓN ATA O 2 DE MAIO.

A Federación Galega de Fútbol quere asumir o control do fútbol de veteranos e dá os primeiros pasos para organizar unha liga na temporada 2016-17. 
Publicamos o comunicado íntegro enviado pola Delegación Ferrolá.
 
Ares, 30 de marzo de 2016.
 
“A Asamblea Xeral da Federación Galega de Fútbol (FGF) de decembro de 2015 aprobou poñer en marcha unha competición de fútbol veterano, que xa está prevista no regulamento xeral da Federación.
 
Esta competición entrará en vigor xa a vindeira tempada 2016-2017 e o proceso de preinscrición xa está aberto para todo aquel equipo que estea interesado.
O obxectivo da FGF é ofrecer aos clubs unha competición oficial con todas as garantías que iso conleva para os participantes. Garantías en todos os ámbitos: atención sanitaria (mutualidade), arbitraxe, ámbito competicional, regulamentación, xestión online...
 
Mutualidade
A asistencia sanitaria é un aspecto prioritario para a FGF e por iso a Xunta Directiva está poñendo desde o inicio o maior interese no seu bo funcionamento e na garantía do mellor servizo para os asegurados.
Ademais, a Xunta de Galicia aprobou en decembro unha nova lei que modifica un artigo da Lei do Deporte e a partir de agora “o organizador dun evento deportivo deberá incluír necesariamente a asistencia sanitaria dos participantes no evento, para o suposto de accidente deportivo, mediante a subscrición do correspondente seguro”.
Por todo isto a FGF ofrece aos equipos de fútbol veterano a máis completa cobertura sanitaria en accidentes deportivos por unha cota anual de 45€ por xogador. Unha cobertura destinada unicamente aos partidos de liga e non aos adestramentos.
 
Arbitraxe
Os árbitros das ligas de veteranos serán os mesmos do Comité Galego de Árbitros. A cota fixada vai a ser unificada e de 50€ por partido.

Competición
Vai a designarse un Comité de Fútbol Veterano que vai a ser o que determina todo o relativo ao plan competicional, e sempre logo de escoitar as opinións dos clubs de cada zona. A intención é manter a estrutura actual, pero todo dependerá do número de equipos que se inscriban.

Proceso de Inscrición
Co obxectivo de poder ir avanzando no deseño do mapa competicional e no programa da tempada, a Federación xa ten aberto un proceso de preinscrición para que os equipos que o desexen xa se vaian anotando e deste xeito poidamos ir traballando na confección das ligas.

Para preinscribirse non é necesario estar inscrito como club ou entidade deportiva na Xunta. A única documentación que hai que presentar é o formulario de preinscrición que se adxunta e que podedes descargar directamente no seguinte enlace:

 FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN (adxunto)

A presentación deste formulario representa unha reserva de praza á espera de formalizar posteriormente a inscrición oficial con toda a documentación requerida.

A data límite para presentar a preinscrición é o 2 de maio. A fin de adiantar traballo na confección das competicións, rogamos que entre o 15 e 20 de abril, se nos comuniquen as vosas intencións a Delegación de Ferrol.

Esta preinscrición pode realizarse descargando e cumplimentando o formulario editable que se adxunta, e unha vez cuberto pode presentarse persoalmente en calquera das oficinas da FGF (sede central ou delegacións) ou ben enviando o documento por correo electrónico á Delegación federativa correspondente.”
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.