VETERANOS. 1º PARTIDO DA AMIZADE. NUMANCIA, 2 – G. MUGARDOS, 3.

GRAN VITORIA DA AMIZADE ENTRE VECIÑOS.

Numancia e Galicia de Mugardos reclutaban na mañá do sábado en Prados Vellos a ex - xogadores de ambos equipos para disfrutar do 1º Partido da Amizade entre o Numancia e o Galicia de Mugardos.

 

Ares, 4 de xaneiro do 2014

Tras unha noite de vento e choiva, o tempo deu unha pequena tregua e os xogadores e afeccionados do encontro poideron disfrutar deste bonito partido de confraternización veciñal. Antes de dar comezo o mesmo os capitáns de ambos equipos intercambiaban unhas camisetas conmemorativas. Fran Bardanca entregaba o capitán mugardés unha camisola do Numancia co escudo do Galicia de Mugardos; namentras que Jesús Rocha facía entrega o capitán numantino dunha camisola do Galicia de Mugardos co escudo do Numancia. Co respectivo saudo Fair Play e tras os aplausos do respetable comezaba o encontro.

Falando de fútbol, estivo mellor na primeira metade o equipo mugardés, que dominou o partido e foise o descanso co resultado favorable de 1 - 3 grazas aos goles de Gustavo, Rubén e Chus. Por parte do Numancia anotou Alberto Duran.

Na segunda metade as forzas igualáronse un pouco, o cansanzo fixo mella nos xogadores mais veteráns de ambos equipos. O partido resultou ser algo mais trabado e o Numancia coseguía o 2 - 3 por medio de Vituco. Nos últimos minutos tivo ocasión de empatar o partido o equipo aresán; pero unha gran saraibada era o anticipo do pitido final do colexiado.

O rematar ó encontro, todos os participantes no mesmo desfrutaron duns "pinchos" na cantina de Prados Vellos. O Concelleiro de Deportes de Ares, D. José Juan Vilar felicitou aos dous clubs pola iniciativa de facer este partido de irmanamento. Fixo entrega tamén dunha placa conmemorativa deste encontro aos representantes dos clubes e tamén o colexiado do partido, D. Miguel Piñón López.

En resumo, bonita iniciativa a de xuntar a xogadores veteráns e míticos de ambos equipos, que tantos momentos de gloria e tardes de domingo e de derbis ofreceron os afeccionados o fútbol de Ares e Mugardos. Hoxe os históricos do Numancia e do G. de Mugardos xogaron por unha boa causa, ser exemplo de boas relacións entre aresáns e mugardeses (mais alá da rivalidade propia dun derbi dentro do terreo de xogo).

Por parte do Numancia queremos agradecer a todos os xogadores que hoxe participaron co equipo veterán reclutado para este partido. Tamén queremos agradecer a Delegación Ferrolá da FGF; o Comité Técnico de Árbitros de Ferrol e o colexiado do encontro D. Miguel Piñón López pola sua colaboración totalmente desinteresada neste 1º Partido da Amizade Numancia – Galicia de Mugardos.

A seguir disfrutando. O fútbol está para unir e para facer amigos.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡


FICHA TECNICA

NUMANCIA: Sergio, Toni, Asman, Pedro, Oli, Alex Seijas, Carlitos, Chingolo, Cobelo, Juan Escudero, Marcos, Fernando Pereiro, Alberto Durán, Viruco, Koki, Dani Gaitas, Jesús Manuel, Fran Bardanca (C), Lino, Eloy, Santi Cartelle, Curro, Kiko Vilasánchez, Julio Veiga, Genete e Beto.

G. MUGARDOS: Aarón, Peli, Susín, Juan Veiga, José Veiga, Gabri, Nacho, Fabito, José Miguel, Rubén Seco, Salva, Manuel Ángel, Licho, Gustavo, Rubi, Juancho, Chipi, Rubén, Choco, Juani, Jesús Rocha (C), Roberto Rocha, Alfredo, Paco Franza, Pacucho (adestrador) e Gachó (adestrador).

ARBITRO: Miguel A. Piñón López, amosoulle cartón amarelo a Licho do Mugardos.

GOLES:

0 - 1: min. 23, balón en profundidade sobre Gustavo, quen nun man a man con Sergio o bate de disparo raso.

0 - 2: min. 28, Rubén dende o círculo central ao ver a Sergio adiantado.

0 - 3: min. 35, córner botado polo Mugardos, o balón escápaselle a Sergio das mans e Chus atento na liña de gol empurra ao fondo da rede.

1 - 3: min. 48, xogada por banda dereita do ataque numantino con centro á área, Aarón non atalla o esférico, éste chega ao segundo pau onde Alberto Durán remata a pracer a porta valeira.

2 - 3: min. 75, falta colgada á área que saca a defensa mugardesa, o balón chega á semilúa da área dende onde remata Vituco entrando o balón pegado ao pau.

 


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.