Inicio Noticias Veteráns VETERANOS. PARTIDO DE REIS 2013
 
 

VETERANOS. PARTIDO DE REIS 2013

Numancia de Ares ADR. Amigos de Bardanca - Amigos de Tinito.AMIGOS DE BARDANCA – AMIGOS DE TINITO

Por non perder a tradición, este sábado, 5 de xaneiro, ás 16.00 h , espectáculo en Prados Vellos. As últimas entradas para este clásico foron vendidas a tres señores barbudos chegados de Oriente.
 
Ares, 3 de xaneiro de 2013.
 
Os seleccionados deberán presentarse nos vestiarios de Prados Vellos ás 15.30 h. como moi tarde. É posible que nos preliminares tanto Bardanca coma Tinito intenten reforzar o seu plantel con fichaxes de última hora, mesmo debilitando a escuadra rival. A estas horas, só coñecemos os nomes dos compoñentes do equipo “Amigos de Bardanca”, aínda que tampouco está pechada de todo e mesmo houbo quen prefire permanecer no anonimato. Estes son os seus nomes:
Jose Mahía, amigo de Mahía (pode haber sorpresa), Germán, Javi Torrente, Marcos Amor, Cartelle, Toni Bardanca, Genete, Santi, Chema (o francés), Migui Oliveira, Roberto Oliveira, pai de Marcos (non de Marcos Amor), Piñeiro, Lino, Javi Aneiros, José Antonio Couce, pai de Raúl (levará o número 7), Peinado, Javi Chanteiro, Dani Gaitas, Eloi (tamén pode ser Eloy), Zalín, Esteban, Manolo (panadeiro) , Kiko, Etíope, Nillo e Chino.
Os “Amigos de Tinito” non quixeron revelar a aliñación, pois intentarán sorprender ao contrincante e seica teñen a ilusión de meterlles unha goleada de escándalo, de oito para arriba, din eles... Intuímos que será unha empresa difícil máis que nada pola “cantidade” (o que non significa que dubidemos da calidade) dos trinta “bardanqueiros” que terán enfronte.
Como xuíz de paz veremos a Jorge, o paciente. A ver como sae desta!
 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.