Inicio Noticias Veteráns Veteráns. NUMANCIA "A", 3 - NUMANCIA "B", 5.
 
 

Veteráns. NUMANCIA "A", 3 - NUMANCIA "B", 5.

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Prados Vellos. Veteranos.  NUMANCIA Trinta e seis.

Sábado, 11 de abril de 2009.

Julio.


Veteráns.

NUMANCIA "A", 3 - NUMANCIA "B", 5.


Alineacións:

NUMANCIA "A": Picas (adestrador), Juan Doval, O Negro, Dani Magariños, Santi, Coqui, Pablo, Coquito, Gil, Canito, Pacucho, Mahía, Nillo, Cobelo, Julio, Dani, Jesús, Fran Bardanca, Quique.

NUMANCIA "B": Juan Alberto (adestrador), Renato, Owe, Arild, Suso, Zalin, Oliveira, Yimi, Rafa, Nando, Chemari, Juancho, Cesar, Antonio Rama, Rula, Marcelino, Pedro Doval.

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Prados Vellos. Veteranos.  NUMANCIA
 S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Prados Vellos. Veteranos.  NUMANCIA

 

ARBITRO: Andrés Rodeiro.


COMENTARIO:

Trinta e seis veteráns do Numancia de Ares reuníronse en Prados Vellos para recordar vellos tempos e gozar dun entretido partido de fútbol no que o resultado era o de menos. A nota de cor púxoa un grupo de noruegueses, residentes na vila, que completaron un dos equipos e deixaron notas de calidade.

Oito goles puideron contemplar un nutrido grupo de espectadores que se deu cita para ver as evolucións de moitos cincuentóns que aínda teñen bo toque de balón.

O mellor da xornada disputouse no "terceiro tempo" coa degustación dun bo churrasco e a tertulia dun bo grupo de amigos que se reúnen de cando en vez para poñer o calzón curto e botar unhas carreiras, aínda que xa non coa mesma intensidade de antano.

Non queremos esquecer o noso bo amigo Dani, que por mor dunha lesión acaecida no encontro non puido estar connosco no "terceiro tempo", e ao que dende aquí lle enviamos un forte abrazo e lle desexamos unha pronta recuperación.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.