Inicio Noticias Veteráns VETERANOS. NUMANCIA "A", 3 - NUMANCIA "B", 2.
 
 

VETERANOS. NUMANCIA "A", 3 - NUMANCIA "B", 2.

ADR Numancia de Ares. Veteranos 2011-2012. Numancia A IDADE, NON PASA FACTURA

Clásico partido de Reis dos veteranos do Numancia disputado na tarde do xóves en Prados Vellos ante un bo grupo de animosos espectadores.


Prados Vellos 5 de xaneiro de 2012.

NUMANCIA “A”(azul): Bastida, Pedro Doval, Lino, Peinado, Kiko, Asman, Viruco, Chino, Tropy, Tombo, Zalín, Pablo, Tinito, Nillo e Pablo Mahía.

NUMANCIA “B” (vermello): Juan Maniños, Jimmy, Rosco, Jose Mahía, Óscar, Rula, Juan Escudero, Vicente, Jose René, Dani Gaitas, Fernando e Marcelino.

Colexiado: D. Ramón Rodríguez Martínez. Moi boa arbitraxe, aínda que discutida como non podía ser doutra maneira.

  



Chegaba, na víspera de Reis o tradicional partido navideño para os veteranos do Numancia. Como na anterior ocasión, as novas xeracións de veteranos iban aumentando o seu protagonismo nestos partidos, rebaixando así a idade media dos participantes. Aínda así, todavía quedaba algun vello rockeiro dando moita guerra no campo de fútbol de Prados Vellos.

Neste partido, presentábase un Numancia “A” sen moitas figuras nas súas filas, pero si con xogadores disciplinados, humildes e dispostos a dar todo polo seu ocasional equipo durante ós 90 minutos que duraría o envite.

No Numancia “B”, presentábanse grandes figuras da década dos 90, e de hai poucos anos, tanto no fútbol como no fútbol sala. Moita calidade nas filas do Numancia “B”, que partía como claro favorito para levarse ó envite.

O colexiado daba o pistoletazo de saía do encontro. Comezaba o partido cun Numancia “B” claro dominador do esférico e un Numancia “A” moi ben organizado nas tarefas defensivas. Non era capaz o equipo vermello de levar moito perigo a meta defendida nos primeiros minutos por Pablo. Co paso do tempo, o equipo azul foi gozando de mais posesión de balón. Tiñan ás ideas claras os homes do Numancia “B”, fútbol directo para chegar en ocasións esporádicas á meta defendida por Juan. Non eran moitas ás ocasións nesta primeira metade, polo que tivo que ser Viruco co lanzamento maxistral dun tiro libre o que conseguiría o 1 - 0 favorable ó equipo azul. Con este resultado chegábamos ó descanso.

Na segunda metade, o Numancia “B” sacou a furia vermella e saiu con moita forza. A primeira fase da segunda metade foi claramente do Numancia “A” que acadaría o empate por medio de René. En pleno acoso dos vermellos chegaría tamén o 1 - 2 por medio de Jose Mahía que aproveitaba un rexeite do gran porteiro Bastida para adiantar ó seu equipo. Pero aínda quedaba partido, e chegarían ás sorpresas. O equipo azul, o Numancia “A” apelaría a unión e ó espíritu competitivo para conseguir unha gran remontada. Sería Pablo no que nunha gran xogada persoal, con regate a Jimmy incluído o que acadaría o empate a 2 goles. Posteiormente, un sempre atento Chino conseguiría o definitivo 3 - 2 aproveitando a súa velocidade punta para rematar un balón na boca de gol que lle pon Asman. Pese á polémica e ó acoso dos vermellos nos últimos minutos; sería o equipo azul do Numancia “B” o que se levaría a vitoria neste novo partido de veteranos.

En definitiva, bonito e disputado partido o que poidemos ver esta tarde en Prados Vellos. Dicir que nesta ocasión todos ós xogadores dedicáronse principalmente a xogar ó futbol, e non temos que lamentar ningún tipo de lesión nin denunciar comportamento pouco ético. Toda unha lección de deportividade e xogo limpio a dos veteranos nesta víspera de Reis.

A nivel individual, temos que destacar como de costume a Bastida. O de este señor, que nos perdoen, pero no ten nome. A súa idade, e... ¡¡¡qué paradas¡¡¡. ¡¡¡que porteiro¡¡¡ Como dicía un arxentino moi coñecido.... ¡¡¡FICHALO, FICHALO¡¡¡  Tamén no Numancia “B” destacar a elegancia defensiva de Peinado e Pedro Doval, os pulmóns no medio do campo de Kiko e Asma, a velocidade e entrega de Chino así como a gran participación de Pablo Mahía, o xogador número 12 do equipo, sempre animando ós compañeiros durante todo ó encontro.

No Numancia “B”, a elegancia de Vicente (con trampa porque casi é federado); a calidade técnica de Dani Gaitas, o saber estar de José Mahía e a velocidade de Jose René.

Como védes, moi bos xogadores, veteranos e non tan veteranos ós que desfrutaron deste bonito partido na víspera de Reis. E como non podía ser doutra maneira, despois do encontro deron boa conta do churrasco e da bola no mellor restaurante da vila, “A Cantina do Numancia” nunha cea de confraternidade que coma sempre serviu para comentar o partido e recordar anécdotas pasadas.

¡¡¡Noraboa a todos polo voso esforzo, a vosa presencia e a vosa simpatía¡¡¡

¡¡¡Vémonos todos de novo na Semana Santa¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.